займ срочно

A xestión municipal da auga a debate nun acto público

0

Compostela, 1 de decembro do 2021 – Compostela Aberta organiza un acto público sobre a xestión directa da auga por parte dos concellos.

No acto participan a concelleira de Medio Ambiente de Valladolid, María Sánchez, e o alcalde de Teo, Rafa Sisto, O acto, aberto á participación da veciñanza, terá lugar a partir das 20.00 horas na Facultade de Xeografía e Historia, e contará coa participación da portavoz de CA, Marta Lois, e do concelleiro Xan Duro.

María Sánchez, responsable de Medio Ambiente en Valladolid, explicará cal está a ser o resultado da municipalización do servizo de auga na cidade, da que veñen de cumprirse catro anos. A concelleira, integrante da formación Valladolid Toma la Palabra que goberna en coalición co PSOE, vén explicando que as tarifas da auga en Valladolid mantivéronse tras a municipalización, pero o novo modelo de xestión permitiu incrementar as bonificacións nos recibos por razóns e renda.

Segundo os datos da empresa pública de xestión Aquavall, nos 4 anos que transcorreron desde a municipalización licitáronse melloras na rede por valor de 31 millóns de euros, fronte ás obras executadas nos 20 anos de xestión privada que supuxeron un investimento total de 27 millóns de euros.

Outro dos datos da empresa pública vallisoletana que demostran os beneficios da xestión pública tén que ver cos gastos de xestión do servizo: en 2015, coa xestión privada, foran case 19 millóns de euros; en 2019, coa xestión pública, esa cifra baixou ata os 14,6 millóns de euros. Hai catro anos, o alcalde de Valladolid, o socialista Óscar Puente, participara tamén en Santiago nun acto para explicar o proceso da municipalización do servizo da auga, organizado por Compostela Aberta.

Ademais de María Sánchez, no acto organizado por Compostela Aberta participará o alcalde de Teo, Rafa Sisto, para dar conta dos resultados que está a ter Augas de Teo, que xestiona o servizo no concello desde 2015.

O acto, aberto á veciñanza, estará conducido pola portavoz municipal de Compostela Aberta, Marta Lois, e nel participará tamén o concelleiro Xan Duro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies