займ срочно

A voltas co certificado Covid

0

Bisbarra, 15 de setembro do 2021 – A necesidade de certificado Covid para acceder á hostalería segue rebotando de tribunal en tribunal.

O 20 de agosto o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia denegaba a pretensión da Xunta de que a hostalería esixira un certificado Covid ou unha pcr negativa para acceder aos locais. O Tribunal consideraba a esixencia un agravio comparativo con outros sectores onde non se esixía esa medida.

A Xunta presentou entón un contencioso administrativo no Tribunal Supremo que ven de avalar a medida. Na sentencia os xuíces consideran que o beneficio que xera a petición de certificado Covid e superior ao sacrificio de ter que facelo. Consideran ademais que se trata dunha medida idónea e explican que o ideal sería pechar os bares pero iso “é inviable”. Lembran ademais que son lugares nos que, a diferencia de outros, quítase a mascara para comer e beber.     

Unha visión distinta desde a hostalería

Hostalería Federada Galega (HOSFEGA) e a Plataforma Galega en Defensa da Hostalería teñen unha visión moi distinta da sentenza. Nun comunicado puntualizan varias cousas sobre a petición de certificado Covid.

Os hostaleiros lembran que hai un voto particular que recolle a obrigatoriedade de que a medida teña o aval xudicial, algo que a Xunta non practicou no seu día. Consideran que isto “provocou que durante tres semanas se nos estivera obrigando a executar unha medida ilegal”.

Consideran que está pensada para aqueles territorios (concellos) cun nivel de incidencia medio-alto ou alto, co que “nas actuais circunstancias non ten sentido a súa aplicación”.

Por outra banda piden que si se ten que pedir o certificado Covid suceda como no resto de Europa e que se traduza “nunha permisividade de poder traballar no 100% dos nosos límites de capacidade e horarios”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies