займ срочно

 “A virxe roxa” proxectas en Ames dentro di ciclo Mestre Mateo

0

Ames, 18 de abril do 2022 – O Ciclo Mestre Mateo continúa en Ames coa proxección do filme gañador na categoría de mellor documental nos XX Premios Mestre Mateo, “A virxe roxa”.

A  “A virxe roxa”  conta a historia da morte de Hildegart Rodríguez, unha nena prodixio da política dos anos 30, criada pola súa nai Aurora Rodríguez como un experimento de muller intelectual, e que a asasinou con 18 anos ao ver que se distanciaba dela.

A proxección será  este mércores 20 de abril, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Os convites, de balde, xa se poden retirar na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

A película fainos viaxar a xuño de 1933, cando un suceso conmociona á España republicana da época. Unha das figuras intelectuais máis prometedoras e precoces do país, Hildegart Rodríguez, fora asasinada mentres durmía pola súa nai, Aurora Rodríguez. Hildergart era o proxecto científico da súa nai, que buscou dende o seu nacemento moldeala e transformala nunha “muller do futuro”. Deste xeito, antes de morrer aos 18 anos, Hildegart xa era avogada e estudaba dúas carreiras máis; publicara quince libros sobre materias como a sexoloxía, e era unha comprometida militante política.

A historia de Hildegart e da súa nai Aurora, que cumpriu condena ingresada nun centro psiquiátrico ata a súa morte en 1955, serviu de inspiración e foi recollida en numerosas obras literarias e cinematográficas. Algúns exemplos destas creacións son “A miña filla Hildegart”, un filme dirixido por Fernando Fernán Gómez estreado en 1977, ou “La madre de Frankenstein”, unha das últimas novelas da escritora Almudena Grandes, publicada en 2020.

O documental está dirixido por Marcos Nine e producido por Recrea Films, e conta coas voces de Antonio Durán “Morris”, Nerea Barros e María Vázquez. O filme levou o premio ao mellor documental nos XX Premios Mestre Mateo, foi finalista na categoría de mellor montaxe, e ademais resultou premiado en festivais internacionais como DOCA ou Blackboard.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies