Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

A USC converte o CITIUS nun centro de investigación en Tecnoloxías Intelixentes

usc-centro-tecnoloxias-intelixentes-slide-30-abril-2019-(1)_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 30 de abril do 2019 –  O ata agora Centro singular de investigación en Tecnoloxías da Información da Universidade de Santiago de Compostela (CiTIUS), acaba de presentar a súa nova identidade como Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes, converténdose deste xeito no único neste ámbito existente en Galicia e un dos tres que existen unicamente a nivel nacional.
    • Unha transformación estratéxica

Compostela, 30 de abril do 2019 –  O ata agora Centro singular de investigación en Tecnoloxías da Información da Universidade de Santiago de Compostela (CiTIUS), acaba de presentar a súa nova identidade como Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes, converténdose deste xeito no único neste ámbito existente en Galicia e un dos tres que existen unicamente a nivel nacional.

No acto de presentación, celebrada na sede do antigo CITIUS,  participaron o reitor Antonio López, a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e o novo director científico do centro, o catedrático Senén Barro Ameneiro.

O novo rumbo adoptado por este centro singular “é a confirmación dun éxito, unha iniciativa xurdida en 2010 que hoxe é un brillante realidade que redefine os seus obxectivos”, afirmou o reitor Antonio López. Pola súa banda, a conselleira fixo fincapé na importancia do capital humano da investigación universitaria galega, “o voso talento, de científicos do máis alto nivel, é o que que fai que os centros nos que traballades sexan os máis excelentes do Sistema Universitario Galego”. Ademais do cambio da denominación e da definición de novos obxectivos investigadores, esta  etapa orientada ás tecnoloxías intelixentes leva parella unha reorganización xa que o profesor Senén Barro será o director científico e o profesor Paulo Félix Lamas director adxunto.

Unha transformación estratéxica

Como novo Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes, o CiTIUS consolida así a súa aposta científica nun ámbito crucial. Estas tecnoloxías, entre as que se atopan a aprendizaxe automática, as tecnoloxías da linguaxe, a robótica ou a visión artificial, teñen na actualidade un enorme e crecente impacto socioeconómico, que está transformando sectores tan importantes como a industria 4.0, ou a enerxía e o medio ambiente, a saúde e o benestar, a intelixencia de negocio ou os sectores financeiro e de seguros, entre outros.

O catedrático Senén Barro apuntou, segundo datos da consultora McKinsey, que “estamos a falar do maior impacto transformador ata o momento, capaz de achegar 13 billóns de dólares ao PIB mundial en 2030, cun incremento medio anual do 1,2% na produtividade”. Neste mesma liña tamén aludiu á consultora Boston Consulting Group, quen considera que a Intelixencia Artificial, e en particular a aprendizaxe automática, é “a gran forza motriz da industria dixital. Nunha macroenquisa realizada recentemente por esta compañía, máis do 90% das empresas consultadas afirmaron que están a dirixir as súas inversións de maneira maioritaria á cara a este dito ámbito”.

Precisamente, unha das fortalezas do CiTIUS é a transferencia da súa investigación á sociedade e ao tecido empresarial. Así o acreditan resultados como as dúas spin-offs creadas nos últimos catro anos, as empresas Situm e Imagames, que contan xa con preto de medio cento de empregados e presenza en 40 países, ou os contratos de I+D con empresas globais como Indra, IBM, Johnson & Johnson e Babcock, e un bo número de empresas da contorna, como Finsa ou Mestrelab Research.

Post navigation

Previous: O champiñón foi un ano máis o protagonista en Ordes
Next: Ames aprobou en pleno as demandas da policía local

Máis novas

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

foto manuel martínez ONCE
5 minutes read
  • Compostela

Manuel Martínez Pan, delegado da ONCE na Galiza: “Lamas, unha persoa cega, foi pioneiro do xornalismo”

compostela un banco para compartor 21 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Un banco para compartir en Compostela

museo do pobo a barca dos pepes 21 setembro 2026 (3)
6 minutes read
  • Xeral

Transfronteiriza no Museo do Pobo Galego

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.