Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

A Universidade presenta a I Feira de Innovación

usc-convenio-abanca-slide-22-novembro-2018_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 22 de novembro do 2018 – A Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración con ABANCA, achegará os días 27 e 28 de novembro a súa oferta formativa na I Feira de Innovación.
    • Conferencias divulgativas
    • Campus ABANCA

Compostela, 22 de novembro do 2018 – A Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración con ABANCA, achegará os días 27 e 28 de novembro a súa oferta formativa na I Feira de Innovación.

Os pormenores da I Feira de Innovación e do III Campus ABANCA, que forma parte do programa do evento, explicárono en rolda de prensa o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López; o presidente de Afundación e director xeral de RSC e Comunicación de ABANCA, Miguel Angel Escotet, e o vicerreitor de Planificación Estratéxica, Gumersindo Feijoo.

Nas dúas xornadas do evento, que xa ten pechado o aforo dalgunha actividade e ao que están confirmados preto de 1.200 estudantes de bacharelato de toda Galicia, poderase asistir a exhibicións das máis innovadoras tecnoloxías (impresión 3D, drons, robots, lentes 3D…), presentación de spin-offs e patentes xurdidas na Universidade compostelá, obradoiros de emprendemento, charlas e conferencias, entre outras moitas actividades.

A asistencia á I Feira de Innovación USC-ABANCA é gratuíta ata completar o aforo, previa inscrición tanto para o propio salón como para as actividades puntuais a través da páxina web.

Conferencias divulgativas

Ao longo da Feira desenvolverase o ciclo de conferencias divulgativas ‘Amosar e transferir o coñecemento’, no que participarán os docentes e investigadores da USC Ángel Carracedo, Jorge Mira, María Cadaval, Francisco Dubert, Paz García, Sebastián Villasante, José Alonso, Marilar Aleixandre, Santiago Galdo e Ramón Díaz. As temáticas a tratar nestes relatorios van dende a xenética ou os fusos horarios aos fármacos e drons, pasando polos océanos, a investigación xurídica ou as linguas en contacto.

Haberá tamén unha mesa de debate titulada ‘Impulsando a I+Nutrición’, promovida co apoio de Carrefour, que contará con representantes de empresas como Feiraco, Frinsa ou Aceites Abril.

Campus ABANCA

A Feira inclúe ademais a III edición do Campus ABANCA, cun programa de obradoiros, relatorios con especialistas de máximo nivel e a presentación dos proxectos finalistas do concurso dirixido a estudantes cunha idea ou proxecto de negocio baseado nas profesións do futuro: emprendedor, fundador de startup, ecommerce, profesional do marketing, community manager, deportista de elite, músico profesional ou actividades relacionadas coa música e as artes, coa innovación social e a sustentabilidade, a investigación e a industria 4.0.

Para o día 27 está previsto o Campus LAB, con catro obradoiros dirixidos aos creadores das 20 mellores ideas seleccionadas e dos que sairán os 3 finalistas que o día seguinte presentarán no Campus Battle os seus proxectos a quen asista ao congreso Campus ABANCA.

I Feira de Innovación USC-ABANCA conta ademais coa colaboración da Xunta de Galicia, a Cidade da Cultura, Carrefour, Coca-Cola e Biscuits Galicia.

Post navigation

Previous: Terras de Compostela celebra este venres ao seu décimo aniversario
Next: Os camións non poderán pasar polo Milladoiro desde o vindeiro mes

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

centro-saude-ordes-slide-19-agosto-2017_r
4 minutes read
  • Compostela

Reclaman a recuperación do servizo de tarde no centro de saúde de Ordes

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.