Compostela, 29 de xaneiro do 2019 – A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos en Ferrol e Compostela baixo a batuta mestre venezolano Manuel Hernández Silva e coa voz da soprano Berna Perles.
O programa destes concertos, titulado “Alto Drama”, comezará coa abertura da frauta máxica de Mozart (1756-1791), a última ópera escenificada en vida do compositor, apenas dous meses antes da súa morte. É considerada unha das creacións máis enigmáticas e fascinantes do repertorio operístico. O programa inclúe a abertura das criaturas de Prometeo de Beethoven (1770-1827). E do mesmo compositor soará a aria Ah, pérfido, na voz de Berna Perles, unha peza que require un elevado virtuosismo vocal debido á súa gran dificultade técnica. Esta aria aborda o desexo de vinganza dunha muller traizoada polo seu amante.
Os concertos concluirán coa Sinfonía nº 3 de Robert Schumann (1810-1856), considerado un dos máis grandes e representativos autores do Romanticismo musical. Esta sinfonía, a última do compositor, é coñecida como “ Renana”, pois nela plasma imaxes e cores a travé s da referencia a melodí as populares e valses orixinarios da rexió n situada nos lí mites do ríou Rin, na fronteira alemá. Evócase o fluír do Rin, a serenidade da vida no medio da natureza, unha solemne cerimonia na catedral de Colonia, finalizando cunha celebración triunfal.
Datas e horarios
O primeiro dos concertos será o mércores 30 no Auditorio de Ferrol, ás 20:30 horas, en colaboración coa Sociedade Filarmónica Ferrolá. E o xoves 30 a orquestra tocará na súa sede, o Auditorio de Galicia, tamén ás 20:30 horas, no marco da súa tempada de abono.
Charla previa co director Manuel Hernández-Silva
Antes da celebración do concerto de abono do xoves en Santiago, o público asistente terá a oportunidade de manter unha charla previa co director Manuel Hernández-Silva. A cita será ás 19:45 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Esta iniciativa enmárcase dentro da experiencia “Convers@ndo con”, que a Real Filharmonía de Galicia promove antes de cada concerto, coa finalidade de achegar a música ao público de maneira informal e distendida. Poderase participar neste encontro presentando a entrada do concerto.
Manuel Hernández-Silva se graduó no Conservatorio Superior de Viena con matrícula de honra. No ano da súa diplomatura gañou o concurso de dirección Forum Jünger Künstler, convocado pola Orquestra de Cámara de Viena. É un invitado habitual de orquestras españolas e de formacións de toda Europa, América e Asia. Foi director titular da Orquestra de Córdoba e principal director convidado da Orquestra Simón Bolívar de Caracas -coa que traballou intensamente durante máis de cinco anos-, ademais de director musical da Orquestra Nova de Andalucía.
Berna Perles
Formada en Roma e Viena, recibiu clases maxistrais de ilustres profesores, entre eles Teresa Berganza e Monserrat Caballé. Foi premiada en numerosos concursos de canto nacionais e internacionais. En 2016 recibe o recoñecemento ao “Mellor Labor Musical do Ano” na súa cidade natal. A súa traxectoria profesional levouna a actuar, tanto en producións de ópera e zarzuela como en recitais líricos, en teatros e salas de toda Europa.