Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

A situación sanitaria en Teo no Parlamento de Galicia

O BNG leva a protesta polas condicións dos centros de saúde de Teo ao Parlamento

Iria Carreira , deputada do BNG, levou ao Parlamento de Galicia a situación dos centros de saúde de Teo

Iria Carreira , deputada do BNG, levou ao Parlamento de Galicia a situación dos centros de saúde de Teo

Teo, 08/05/2026 – A deputada pola comarca e portavoz de  sanidade hospitalaria do BNG, Iria Carreira, denunciou no Parlamento as “condicións indignas” que sofren pacientes e profesionais da Atención Primaria no Concello de Teo.

Carreira fala de “situación dantesca” para definir a situación na que se atopan os centros de saúde e ás listas de espera que se rexistran, de case vinte días nos centros de Cacheiras ou os Tilos.

A deputada nacionalista incidiu no mal estado no que se atopan os centros de saúde de Teo e advertiu da situación de inseguridade para profesionais e pacientes que teñen que ser atendidos nas casetas de obra, ás que se accede mediante andamios, instaladas na parte traseira do centro de saúde de Cacheiras.

Segundo explicou, estas casetas de obra foron a “solución estilo art-attack” ideada pola  Consellería de Sanidade para atender en Cacheiras, que carece de espazo suficiente, á veciñanza de Pontevea derivada tras pechar o seu centro, que hoxe está “a ceo aberto”, polo deterioro das instalacións. “As condicións son indignas e inseguras”, advertiu Carreira, subliñando neste punto que xa foron notificados accidentes laborais polas malas condicións.

Carreira subliñou que “nin en Galiza nin en Teo a choiva é unha rareza climática”, para denunciar que, “cando chove, andar polos andamios non é seguro. Tras escoitar a resposta do director xeral de Asistencia Sanitaria, considerou “moi ousado dicir que “unha persoa que ten dificultades para andar, que se desprace con bastón, con un andador ou con axuda de outra persoa poda facelo con seguridade por uns andamios”.

A deputada do BNG reclamou ao representante da Consellería de Sanidade solucións e que axilice a construción centro de saúde proxectado na Ramallosa e ao que o director xeral non quixo poñer data de finalización.

Carreira reclamou máis ambición no deseño e construción deste novo centro e reclamou que sexa dotado das especialidades de nutrición, psicoloxía e fisioterapia. Sobre o estado actual dos centros de saúde de Teo, Carreira reprobou ao director xeral que a Consellería eluda as súas responsabilidades sobre o mantemento e lembrou que a Xunta asinou no 2008 un acordo coa Fegamp para asumir a titularidade destas instalacións. “Por que non cumpre o Goberno do PP co acordado cos concellos?”, preguntou. 

Carreira lamentou que o deterioro na atención primaria que sofre a veciñanza de Teo non é un caso illado no País, que sofre as consecuencias de 17 anos de políticas sanitarias do PP, cun recorte acumulado en Atención Primaria de1.656 millóns de euros en Atención Primaria.

“Temos a dubidosa honra de encabezar o ranking de comunidades que menos invisten en Atención Primaria, so superadas por Madrid”, destacou, para aludir ao “déficit de persoal” que, tal e como reflicte o informe do Consello de Contas e o BNG leva denunciando desde hai anos, fai que haxa 120 concellos sen pediatra ou que as vacantes acaden o 24 % das prazas de medicina de familia, o 37 % de pediatría, o 26 % de enfermería, o 63 % de matronas ou o 41 % de fisioterapia.

Post navigation

Previous: A Romaría das Flores e o ComposFest citas imprescindibles da Ascensión
Next: O Colexio de Fonseca acolle unha mostra sobre Begoña Caamaño

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.