Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A senda da Xunta entre o Milladoiro e Compostela segue no centro da polémica

A senda da Xunta entre o Milladoiro e Compostela segue no centro da polémica

Carballo-de-Conxo-normal-1-febreiro-2022-1643690212950_r

Compostela, 25/05/2026 –  A senda ciclista e peonil que unirá o Milladoiro, en Ames, con Compostela naceu con mal pe e leva coxeando desde entón. Un trazado que nunca gustou, sucesivas modificacións e agora unha queixa ante a UNESCO.

Concelleiros non adscritos en Conxo
Concelleiros non adscritos en Conxo

Sobre todo a senda sobrevoa o informe elaborado por ICOMOS España sobre a compatibilidade do proxecto de mobilidade sostible coa protección da paisaxe cultural de Conxo, no que se conclúe que a alternativa seleccionada pola Xunta “mantén afeccións significativas á paisaxe e ao ecosistema forestal”. Un informe determinante para que a Asociación Conxo Aberto pedira amparo á UNESCO.

No vindeiro pleno ordinario tanto socialistas como non adscritos presentarán iniciativas relativas a este tema. O Grupo Municipal Socialista levará unha moción para esixir á Xunta de Galicia a paralización inmediata das obras da senda ciclista ao seu paso por Conxo e a revisión integral do proxecto neste ámbito, “tras os graves impactos provocados nun espazo de alto valor patrimonial e ambiental”.

Coneleiros socialistas Sindo Guinarte e Marta Abal
Conelleiros socialistas Sindo Guinarte e Marta Abal

O voceiro socialista, Gumersindo Guinarte, advertiu de que a actuación impulsada polo Goberno de Alfonso Rueda está a provocar “unha agresión intolerable sobre un espazo que forma parte da identidade patrimonial e paisaxística de Santiago”, e criticou que a Xunta decidise seguir adiante “ignorando tanto os informes técnicos como o clamor social existente en Conxo”.

Pola súa banda a concelleira non adscrita Mila Castro, defenderá no Pleno unha proposición para que a Corporación exprese o seu respaldo institucional á solicitude de amparo e protección do Paisaxe Cultural de Conxo trasladada pola asociación veciñal Conxo Aberto á UNESCO, así como para impulsar de maneira decidida o Plan Especial de Protección e Rehabilitación de Conxo.

“O proxecto impulsado pola Xunta entre O Milladoiro e San Caetano foi un proxecto errado desde o principio. Levamos máis dun ano advertindo de que este trazado era incompatible coa protección dun espazo de enorme valor patrimonial, ambiental e simbólico para Santiago como é a contorna do Banquete de Conxo e o río Sar”, sinala Mila Castro.

A maiores do problema de Conxo xorprende ver como se constrúe unha senda que en moitos tramos, xa en Compostela, vai paralela ou moi cerca a unha municipal. Un exemplo da falta de colaboración entre administracións que acaba por dilapidar recursos.

Post navigation

Previous: As gravacións de 1986 das pandereteiras de Rois chegan ao Consello da Cultura
Next: Dodro presenta o libro gañador do  XXXVIII Premio De Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.