Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A Semana Santa de Compostela xa ten cartel

Cartel Semana Santa Santiago 2025 - 1

Cartel Semana Santa Santiago 2025 - 1

Compostela, 22 de xaneiro do 2025 – A Semana Santa de Compostela ven crecendo progresivamente nos últimos anos e unha das citas previas é a presentación do cartel.

Este martes, na Capela do Santísimo Cristo da Paciencia en Conxo, a Xunta de Confrarías da Semana Santa de Santiago presentou a imaxe que servirá para promocionar esta tradición. Asistiron Francisco José Prieto, Arcebispo de Santiago, Elisardo Temperán, Consiliario da Xunta de Confrarías, Ildefonso de Cámpaa, Director do Plan Xacobeo, Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística, Beatriz Villegas, Adxunta á dirección de Turismo de Santiago, Jose A. Constenla e María Baleato, concelleiras do PP en Compostela, Jorge Rubal Pena, Comisario da UPA Xunta de Galicia e representantes da Xunta de Confrarías de Santiago e das confrarías que integran a Semana Santa compostelá.

Este ano foi a Confraría do Santísimo Cristo da Paciencia a encargada de realizar o cartel da Semana Santa, protagonizado pola imaxe superposta dos dous Cristos pertencentes á parroquia de Conxo, con sede na Igrexa da Mercé.

O que aparece en primeiro termo é o que procesiona o Martes Santo e o Dominica in albis, ademais de ser a imaxe que acompaña ao Viacrucis o Sábado de Paixón. Trátase dunha imaxe do Cristo Crucificado, atribuída ao escultor compostelán Maximino Magariños, que saíu en procesión por primeira vez en 1916, tal e como reza a imaxe da súa peana.

En segundo plano, o cartel presenta unha ilustración do Cristo de Gregorio Fernández, que preside a capela do Cristo en Conxo. Esta imaxe participou no Viacrucis de Santiago até o ano 1915, no que debido á súa deterioración, foi substituído pola actual imaxe procesional. Coas dúas imaxes, a confraría quixo plasmar o pasado e o presente da súa historia, tal e como destacou Mercedes Franqueira, a súa presidenta “Non queriamos deixar de ter presente a imaxe que desde o principio orixinou toda esta aventura da confraría, o Cristo da Paciencia de Gregorio Fernández, unha talla preciosa e de gran realismo. Aparece en segundo plano, en degradado, para presentar aos dous Cristos; o titular e o que foi titular até principios do século XX”.

No cartel tamén aparece a portada de Pratarías da Catedral de Santiago, pola que a procesión do Cristo da Paciencia entra o Martes Santo e sobre a que aparecen representadas escenas da Paixón, así como o vermello das flores coas que se acompaña ao Cristo; rosas vermellas o Martes Santo e caraveis vermellos o domingo, cando o Cristo regresa á súa sede.

A Semana Santa de Santiago celebrarase do 11 ao 20 de abril, aínda que tal e como lembrou Mercedes Franqueira, o 27 de abril terá lugar a translación do Cristo da Paciencia á súa parroquia, durante a procesión de Dominica in albis.

Durante a súa intervención, a presidenta da Confraría do Santísimo Cristo da Paciencia anunciou que o pregón da Semana Santa de Santiago 2025 terá lugar o 5 de abril ás 18h, no Convento das Mercedarias. O pregoeiro será David Muriel Alonso, presidente a Xunta de Semana Santa de Medina del Campo. “Buscamos a alguén cunha experiencia de Semana Santa importante, con recoñecemento. A Semana Santa de Medina del Campo é de Interese Turístico Internacional”.

Pola súa banda, a presidenta da Xunta de Confrarías, María Elena Bernárdez, sinalou que este ano se propuxo que a confraría encargada do cartel puidese presentalo na súa sede, o cal deu a oportunidade de celebrar esta presentación na Capela do Cristo da Paciencia. Así mesmo, a presidenta manifestou a súa ilusión pola Semana Santa 2025, con “a esperanza de que este ano todas as procesións poidan saír e a xente nas rúas poida participar e gozar delas”.

Post navigation

Previous: As queixas pola obra no Milladoiro provocan cambios
Next: Encontros culturais de inverno nas parroquias de Arzúa

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.