Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A restitución ao dominio público da Illa da Creba chega ao Parlamento

O BNG leva ao Parlamento de Galicia a petición para que a Illa da Creba volva a ser de titularidade pública.
muros-noia-illa-da-creba-normal-slide-20-maio-2022-(2)_r

Bisbarra, 7 de xullo do 2022 – Tal como xa avanzaramos no mes de maio, o Bloque Nacionalista Galego tiña pensado levar ao Parlamento de Galicia a petición para que a Illa da Creba volva a ser de titularidade pública.

A proposición non de lei presentada polos nacionalistas demanda tamén que se realice un informe de todas as obras, actuacións e actividades que se levaron, a se levan, a cabo na Illa da Creba. O Bloque defende ademais que o goberno galego realice todos os estudos necesarios relativos aos valores medioambientais da illa e dos fondos mariños que permitan valorar a súa cualificación como espazo protexido, segundo a lexislación vixente.

A deputada nacionalista Rosana Pérez apelou ao acordo unánime adoptado na propia Cámara galega en 2007 para restituír a titularidade pública da Illa da Creba. Advertiu que “despois de 15 anos da súa aprobación, non só non temos avanzado, senón que obras de todo tipo continúan a levarse a cabo na illa sen que se saiba baixo que paraugas legal”.

A Deputada explicou na súa intervención que pese a ser un espazo natural protexido e clasificado como solo non urbanizable de protección de especies naturais, na illa hai “unha edificación construída, co levantamento de valados, con instalación de vixilancia para impedir o paso, cos espigóns, a rampla e o peirao -a pesar do pronunciamento da Xustiza- en pé, coa plantación de abundante vexetación e mesmo coa instalación de fontes de enerxía renovábel”.

Pérez pregúntase “onde está as administracións, por que se consentiu todo isto e cal é o motivo de que non se actúe, de que se renuncie a vixiar escrupulosamente e a impedir a usurpación dun ben público” e, nesta liña, advertiu que mesmo o día da presentación da iniciativa do Bloque en maio, “continuaba a pavimentación de vías e a construción de valados de pedra e cemento á beira do mar, sen que nin os veciños de Esteiro nin ninguén se explique quen e como se permiten todas estas actuacións”.

O voto negativo do Partido Popular impediu a aprobación da proposición. A deputada Marisol Díaz cualificou a demanda de “electoralista” e afirmou que se trata dunha propiedade privada sen valores naturais. Engadiu que sen embargo os nacionalistas esquecen que na liña de costa existen bastantes propiedades ocupadas con afectación de dominio público pendentes de legalizar das que non se fala.

Rosana Pérez destacou a gravidade de votar así “cando hai sentenzas, como a da Audiencia Nacional de 2002, que din que as obras realizadas por eses particulares son irregulares e que hai que volver ao seu estado natural”.

“Isto é o colmo do cinismo”, reprendeu ao PP, para a continuación incidir en que, primeiro, “está moito por ver que estes señores sexan legalmente os propietarios da illa” e, segundo, que segue sen constar baixo que paraugas legal acometeron as obras realizadas. “Son vostedes quen de afirmar aquí que todo o que hai feito nesa illa pública conta coas autorizacións e permisos necesarios?”.

Post navigation

Previous: Os postos da feira da Estrada volven ao seu lugar habitual
Next: As Festas do Apóstolo chegan cheas de boa música

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.