Touro, 5 de xullo do 2021 – O proxecto mineiro de Touro, incluso despois da DIA negativa, segue sendo vinculando a Riotinto pola empresa Atalaya Mining.
Na súa web oficial pódese ler a día de hoxe que “Atalaya is focused on creating a portfolio that combines producing, development and exploration assets and this project is considered as a low-geographical-risk first step in creating a growth portfolio to complement Proyecto Riotinto”. (Atalaya enfócase en crear unha carteira que combine activos de produción, desenvolvemento e exploración e este proxecto considérase como un primeiro paso de baixo risco xeográfico na creación dunha carteira de crecemento para complementar o Proxecto Riotinto).
No documento que se usa na zona nas reunións veciñais as referencias a Riotinto son abundantes, chegan a inserta imaxes da mina andaluza como exemplo do que queren que sexa Touro
Quixemos saber que hai de realidade no éxito de Riotinto r no podcast de hai unha semana falabamos con Isidoro Albarreal de Ecologistas en acción e que leva moitos anos analizando aquel proxecto.
Comezamos por preguntar pola evolución de Riotinto nos últimos anos, Isidoro lembra que en Andalucía está moi presente o sucedido coa presa de Aznalcoyar no ano 1998
Tendo o precedente de Aznalcoyar, tendo a posibilidade de evitar o perigo resulta difícil de entender porque no se fai nada desde as empresas e se ignorar os riscos. Coma sempre a resposta é a búsqueda de beneficios
Isidoro fai referencia na resposta a unha solución sinxela que diminuiría o risco, á que se comprometeu a empresa, e que non está cumprindo: o espesamento dos lodos
Desde a súa experiencia cre que Atalaya Mining fará o que sexa preciso para conseguir unha autorización. Parécelle especialmente grave que se intente existindo xa unha declaración de impacto ambiental negativa
A empresa mantivo na última Xunta de accionistas, celebrada en Londres o pasado 24 de xuño, a intención de loitar por reabrir a mina de Touro. na conversa con Isidoro Albarreal queda bastante claro que si a referencia para esa reapertura é Riotinto o problema pode ser maior que o actual. Polo momento ninguén saben si presentaron un recurso pola DIA negativa, e moito menos si de facelo obtiveron resposta. Aínda no caso de que definitivamente desistiran do proxecto, hai unha pregunta aínda por respostar: que vai restaurar o estragado?.
Se queres escoitar a entrevsta completa e todos os contidos que publicamos faite mecenas de Lindeiros desde 4 euros ao mes nos seguintes enlaces.
Descarga a app de Patreón en android https://play.google.com/store/apps/details?id=com.patreon.android
ou en IOS
https://apps.apple.com/es/app/patreon/id1044456188
Ou si o prefires directamente desde a web
https://www.patreon.com/lindeiros