займ срочно

A Policía Local de Teo desarticula varios puntos de venda de droga

0

Teo, 15 de febreiro do 2021 – Varios puntos de venda de droga en zona urbana foron desarticulados nas últimas semanas pola Policía Local de Teo.

Un traballo previo de vixianza en lugares como Montouto e Os Tilos comprobou a existencia de trapicheo e consumo a pequena escal. A Policía de Teo procedeu entón a identificar a varias persoas resultando algunhas delas menor de idade.

As denuncias, de carácter administrativo, foron enviadas á Subdelegación do Goberno na Coruña. No caso das denuncias por incautación de sustancias psicotrópicas, estas foron remitidas á Delegación do Goberno de Sanidade Exterior da Coruña para a súa análise e destrución.

Casos puntuais

A policía local destáca que en Teo non existe un problema grave sobre o consumo ou a venda de drogas pero nalgunhas ocasións aténdese as propias chamadas telefónicas de veciños alertando de situacións anómalas.

En paralelo, nos controis de mobilidade que se están realizando para vixiar o cumprimento da normativa sanitaria, a policía local denunciou a trece condutores con presenza de droga no organismo notando un incremento desta circunstancia nas últimas semanas.

As mostra de saliva entregadas pola Policía Local no Servizo de Toxicoloxía da USC foron todas positivas, sendo as substancias máis habituais o THC (tetrahidrocannabinol) e a cocaína. A sanción por conducir con presenza de droga no organismo é de 1.000 euros e conleva a retirdada de 6 puntos do carné, segundo indican dende a policía local.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies