Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Entrevistas
  • Ames
  • Xeral

A poeta de Ames, Filomena Fraga, é centenaria

Lindeiros entrevistou en 2014 a Filomena Fraga e daquela entrevista recuperamos un pequeno extracto de audio sobre a súa infancia.

_017Filomena Fraga DSC_0367 slide_r

Ames, 20/05/2026 – Lindeiros publicábase en papel no 2014. Na contraportada sempre había sitio para un maior que sempre nos descubría algo no e interesante. Agora que cumpre cen anos lembramos con agarimo aquela conversa con Filomena Fraga.

Queremos deixar un extracto daquela entrevista no que Filomena Fraga lembra a súa infancia e reflexiona sobre a vida na década dos 30 en Galicia “hoxe os nenos saben moito de libros pero nos coñecíamos os montes, as pedras, os paxaros…”

Segundo ten explicado en moitas ocasións, durante a súa infancia apenas puido asistir á escola, pero aprendeu a ler e pasaba o tempo lendo a obra Áncora da salvación, do xesuíta José Mach, o único libro que había na súa casa.

Filomena Fraga é todo un referente na loita pola igualdade entre homes e mulleres. Con catorce anos comezou a traballar nunha casa na aldea do Portanxil da que marchou por negarlle un aumento de soldo por traballar o mesmo que os homes. Posteriormente, marchou ao concello de Negreira, onde pasou a traballar en mellores condicións na casa do médico Manuel Negreira.

Filomena Frga cumprindo cen anos

Filomena é veciña de Agrón e autora da obra A Cancela, publicada por primeira vez en 1995 e reeditada polo Concello de Ames en 2006. Filomena Fraga foi a primeira muller e a segunda persoa en recibir no ano 2019 a medalla do Concello de Ames. Ademais, en 2018 foi homenaxeada polo Concello no acto de conmemoración do Día Internacional das Mulleres, por ser exemplo vivo e un referente na loita pola igualdade.

Cómpre destacar tamén o seu papel como activista na renovación educativa. En 1974 asistiu a unha xuntanza en Valladolid, como membro do Colexio Familiar Rural de Negreira, onde denunciou a situación de atraso que vivía o rural galego. Ademais, militou no Sindicato Agrario Galego.

O alcalde de Ames, Blas García, destacou de Filomena a súa vitalidade e o seu humor. “Para min, como alcalde, e para a veciñanza de Ames en xeral, é unha honra e un privilexio poder seguir desfrutando das vivencias que nos conta Filomena. É historia viva de Ames e a súa filosofía de vida é un exemplo para todos nós. O ramo que lle fixemos entrega hoxe non é un agasallo do Goberno nin do alcalde, senón un modesto xesto de cariño que lle fai Ames a unha das súas veciñas máis ilustres no día do seu centenario”.

Post navigation

Previous: Padrón será a sede do VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos
Next: Teo apoia a celebración da I Feira de Empresas do concello

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.