Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Pobra do Caramiñal
  • Xeral

A sociedade di NON a Altri e á Mina de Touro

manifestacion contra altri na pobra SLIDE 22 marzo 2025 (8)

Cerca de 50.000 persoas acudiron á Pobra do Caramiñal nunha convocatoria na que participaron tamén máis de 500 embarcacións. Unha protesta contra os proxectos de ALTRI en Plas de Rei e de Cobre San Rafael en Touro.

Pancarta dos concellos de Padrón e Dodro presentes na manifestación cos seus alcaldes e membros da corporación

Unha vez máis a cidadanía da mostras de non querer proxectos que poñan en perigo os nosos ecosistemas. A manifestación de este sábado foi convocada antes da declaración da DIA positiva a ALTRI polo que a nova non fixo máis que animar á veciñanza a acudir.

Cerca de 50.000 persoas e 500 embarcacións, segundo a policía local, participaron nunha xornada marcada polo vento e a chuvia que non conseguiron desanimar á cidadanía. Mentres camiñábase a pe desde o porto comercial da Pobra ata a praía do Areal, as embarcacións concentráronse na enseada do Caramiñal.

Colectivos veciñais e ecoloxistas, sindicatos, concellos, con alcaldes á cabeza, e particulares participaron na protesta. Preservar a limpeza e evitar riscos para o Ulla e a Ría de Arousa é o obxectivo das mobilizacións. Na actualidade o proxecto de ALTRI está á espera de que se autoricen desde o goberno central fondos europeos para o seu desenvolvemento.

Na protesta participaron os lideres da oposición parlamentaria, Ana Pontón do BNG e José Ramón Gómez Besteiro do PSdeG Psoe. A Xunta ten acusado a estes dous partidos de tirar rédito político de este tema e asegura que o proceso está sendo transparente e conforme á norma.

Tanto ALTRI como Cobre San Rafael levan tempo facendo campañas de publicidade en redes sociais e medios de comunicación defendo os dous proxectos. No caso da Mina de Touro o máis rechamante é que polos acordos documentados tería que estar restaurada pero nunca se fixo.

ALTRI pola súa parte aseguraba nun comunicado que  “gracias a la eficiencia de este proyecto, se logrará evitar la emisión de 5,3 millones de toneladas de CO₂ en sus primeros diez años, lo que reducirá en un 93% las emisiones de gases de efecto invernadero”, esquecendo que é imposible reducir algo que non existe xa que na actualidade non existen tales emisión en Palas de Rei.

Post navigation

Previous: “Danzade”, danza, igualdade e inclusión en Compostela
Next: Dodro consigue aprobar a licitación do SAF no pleno de marzo

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.