Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Pobra do Caramiñal
  • Xeral

A Pobra presenta “volve o Nadal, volven as Caramiñas”

A Pobra do Caramiñal ven de presentar unha serie de actividades para as vindeiras semanas coas que dinamizar o Nadal da vila.

a pobra nadal`slide 11 decembro 2025

A Concellería de Promoción Económica da Pobra ten preparado un amplo programa de actividades para as vindeiras semanas. A oferta inclúe as rutas do Tren do Nadal, a visita de Santa Claus, pasarrúas e o espectáculo do Apalpador e Os Monifates. Todo co obxectivo de “contribuír á dinamización social e económica da Pobra durante estas datas”.

As actividades están encadradas dentro do programa “Volve o Nadal, volven as caramiñas”. Por unha banda, as saídas do Tren do Nadal terán lugar desde este venres, 12 de decembro, ata o domingo, día 14. Todas as expedicións partirán desde a praza Alcalde Segundo Durán.

En canto aos horarios do tren de Nadal da Pobra, o venres sairán entre as 17.30 e as 20.30 horas; o sábado, de 11.00 a 13.00 e de 17.30 a 20.30 horas, e o domingo serán de 11.00 a 13.00 horas.

Ao longo do percorrido, as persoas participantes pasarán polos xardíns Valle-Inclán, pola rúa Castelao, pola praia dos Areos e polas rúas principais do núcleo urbano para volver ao punto de partida.

Santa Claus

O sábado, 20 de decembro, ás 18.00 horas o Concello celebrará o desfile de Nadal polas rúas do municipio. Na comitiva tomará parte Santa Claus acompañado por unha comitiva de osos polares. Unha vez concluído, haberá unha recepción na praza de abastos na que os nenos e nenas terán a oportunidade de formularlle os seus desexos a Santa.

O mércores, 24 de decembro, a partir das 11.30 horas haberá un pasarrúas a cargo dos Dixie Kings con Paty Lesta. Por último, o sábado, 27 de decembro, os cativos e cativas da Pobra poderán gozar do Apalpador e Os Monifates, un espectáculo que mesturá música e monicreques e que se celebrará a partir das 18.00 horas na praza de abastos.

Post navigation

Previous: O Pino aproba un orzamento de 5,86 millóns para o 2026
Next: “Nadal tropical” na Casa do Patrón

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.