займ срочно

A oferta dos bonos Merc@mes comezará no mes de marzo

0

Ames, 19 de febreiro do 2021 – Debido as restricións que se veñen dando a causa da pandemia o concello de Ames decidiu adiar a oferta dos bonos Merc@mes ata o próximo día 1 de marzo.

Estes bonos impulsados desde a concellaría de Promoción Económica de Ames estaba previsto que saíran hoxe 19 de febreiro. O acordo de retrasar a saída foi tomado na Xunta de Goberno Local que aprobou tamén a ampliación do prazo de emprego dos bonos ata o 1 de maio.

Bonos para todo o mundo

O concello ofertará desde o 1 de marzo 3.000 tarxetas dotadas de banda magnética o que permitirá que sexan utilizadas en promocións futuras. Son anónimas e poderán ser mercadas por calquera persoa, residente ou non, maior de 18 anos. 2.000 das tarxetas terán un valor de 50 euros, dos que 20 son aportados polo concello e costarán en consecuencia 30 euros, e 1.000 cun importe global de 100 euros dos que o concello aporta 40. Cada persoa poderá mercar unha tarxeta de cada tipo.

Adquisición e uso

171 establecementos adheríronse á esta campaña coa que se pretende valorizar e impulsar as compras no comercio local. A relación dos establecementos adheridos será publicada na páxina web municipal e na páxina web da entidade colaboradora, XEA.

As tarxetas bono poñeranse á venda na Casa da Cultura de Bertamiráns en horario de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:30. No Milladoiro poderanse adquirir polas mañás, entre as 11:00 e as 13:30 no local da Asociación de Empresarios Novo Milladoiro, na rúa Palmeira 19. Polas tardes venderanse na rúa Viorneira 1, no local da Asociación Palmira Boulevard entre as 17:00 e as 19:30 horas.

O Concello ten previsto ademais instalar carpas informativas os días 5 de marzo, na rúa Travesa do Milladoiro e o día 6, na praza da Maía de Bertamiráns.

No caso de non consumir todos os cartos antes do 1 de maio, a mesma tarxeta bono poderase utilizar na segunda fase da campaña que abrangue desde o 1 de setembro até o 31 de outubro.  Tanto a adquisición das tarxetas como a realización das compras con ditas tarxetas poderase realizar exclusivamente en estes dous períodos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies