займ срочно

A nova economía europea pasa por Vedra

0

Vedra. 11 de novembro do 2021 – O concello de Vedra ven de participar en Italia na reunión transnacional do proxecto Erasmus + de economía CIG.

O proxecto traballa desde hai tempo no desenvolvemento de ferramentas aplicables a economía CIG. O obxectivo e coñecer mellor este modelo de traballo autónomo, os seus riscos e as súas vantaxes. A colaboración entre rexións como xeito de producir novas oportunidades é a motivación principal do proxecto.

Nesta ocasión, os socios do proxecto (procedentes de Irlanda, Países Baixos, Italia e España) reuníronse na cidade de Lucca (Italia) para revisar o avance do proxecto e deseñar as accións dos próximos meses.

Vedra presentou a guía «Paso a paso» para a elaboración da Estratexia rexional e o Plan de acción, así como o Plan de traballo para a elaboración deses dous documentos. O responsable da elaboración foi o Concello de Vedra. AGACA colaborará co Concello no traballo de campo cos grupos de interese galegos, para deseñar a estratexia rexional e definir os plans de acción en Galicia.

Pacto de amizade

O concello de Vedra aproveitou a visita a Italia para asinar un pacto de amizade co concello de Capannori. Unha amizade asinada polo alcalde de Capannori Luca Menesini e o alcalde de Vedra Carlos Martínez Carrillo.

As Administracións de Capannori e Vedra estableceron relacións de intercambio grazas á participación no programa europeo Erasmus + dende 2017, mentres que en maio de 2018 o Concello de Vedra participou no Día de Europa que se celebrou en Capannori e na inauguración da zona dedicada á Europa do “camelieto”, de S. Andrea dei Compito, coa plantación dunha camelia símbolo da amizade entre ambos os dous municipios.

Posteriormente nas Xornadas Arredor da camelia do ano 2019 celebradas en Vedra asinouse un preacordo de amizade. Trátase de dous concellos vinculados por unha serie de elementos que unen ás súas comunidades, incluído un territorio rural, no que se dan numerosas

actividades artesanais importantes con producións de calidade, a presenza da camelia como elemento característico e relevante do territorio; o viño, a música, os camiños (o camiño de Santiago, a Vía Francígena) pero sobre todo preocupados pola formación da súa mocidade en orde a mellorar as competencias necesarias para o mercado laboral.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies