Santa Comba, 8 de xuño do 2021 – A Moción de Censura de Santa Comba segue engadindo novas liñas argumentais tanto no político como no xudicial.
Nos Diario desvela hoxe que o Xulgado de Instrución número 1 de Negreira abriu dilixencias previas por un presunto delito de prevaricación a voceira do Partido Popular, e aspirante a alcaldesa, María José Pose.
A investigación está relacionada co presunto trato de favor cara a unha comunidade de usuarios que a levou, na lexislatura pasada, a asfaltar a contorna dunha igrexa e adxudicar a obra cando xa estaba rematada.
Hai que lembrar que en Santa Comba non é a primeira vez que un alcalde é xulgado por prevaricación. José Toja Parajó foi inhabilitado, no ano 2012, por conceder 43 licencias falsas de “tablao” a distintos pubs da localidade.
Posibles expedientes disciplinarios
O voceiro socialista Gonzalo Caballero di que a posibilidade de abrir expedientes aos edís que apoiaron a moción está “en mans das secretarías de organización provinciais e nacionais”.
Preguntado polos medios nunha rolda de prensa no Parlamento de Galicia Caballero aseguro “entender no persoal, pero non no político, aos edís de Santa Comba que apoiaron a moción. Engadiu que a “orixe do conflito” non esta no partido socialistas se non no alcalde de Compromiso por “aferrarse a unha alcaldía que non lle corresponde”.