Touro, 29 de marzo do 2021 – Esta semana o podcast de Lindeiros.gal analiza a situación actual en torno a mina de Touro.
Deixando a un lado comunicados e institucións preguntamos aos veciños de Touro. Aos que defenden a reapertura e aos que levan anos loitando pola súa paralización.
Viaxamos ata Touro para reunirnos coa Asociación de Mineiros Touro O Pino e realizar a primeira entrevista que conceden. Defenden o proxecto mineiro porque consideran que é a única saída para o pobo
Non entenden a declaración negativa de impacto ambiental á que consideran “pouco obxectiva” e aseguran que se trata dun proxecto sostible
A entrevista completa a podedes escoitar no podcast de Lindeiros.gal, no seguinte enlace. Ou si o prefires descarga a app e búscanos como Lindeiros. Facéndovos mecenas apoiades unha información na que todo o mundo teña voz e seredes os que tiredes vosas propias conclusións
Na outra parte a Plataforma Mina Touro O Pino NON. A súa postura é coñecida así como todos os informes que presentaron ao longo dos últimos anos e que podedes ler en esta mesma web.
Consideran que a declaración negativa é unha batalla ganada pero seguen tendo permiso de extracción polo que o perigo de que se reanude a actividade é real. Cren que o conflito aparece porque hai xente á que só lle importa o diñeiro
