займ срочно

A Lareira, regreso ao futuro

0

En Tabernalia queremos contar as historias da hostalería de Compostela e da bisbarra. Non falamos de gastronomía, falamos das persoas que a fan posible.

Na rúa de San Clemente, en pleno centro do casco vello, abriu hai uns meses A Lareira. Á fronte atopamos ao chef Arturo Salano, un cociñeiro metade brasileiro metade galego que levaba tempo querendo mudar a Galicia.

Salano descende de galegos da bisbarra, de Ortoño en Ames. A partir do momento no que, con 23 anos, entrou no mundo da restauración cada vez que volvía a Galicia descubría oportunidades de negocio. Nunca se decidía pero o tempo pasou e o seu fillo creceu e comezou a ver con bos ollos afastarse da inseguridade e a tolemia dunha cidade como Sao Paulo, con 14 millóns de habitantes, e dun negocio con 60 empregados, Así naceu A Lareira

Arturo Salano é un reputado chef no Brasil que leva anos participando en programas de televisión, chegando a ter un de seu. O inicio de esa travesía foi no 2007 grazas a un concurso como o Santiago(é)tapas

Unha das cousas que o motivou a volver foi a tranquilidade que desexaba, un cambio de vida que pouco a pouco está a conseguir. A outra a proximidade co público, poder atender aos clientes dun xeito máis tranquilo.

Esa preocupación polo cliente é unha das sinais de identidade da Lareira. O equipo ten moi claro que non é só ao turista ao que hai que convencer se non tamén ao veciño, ao que vive aquí e polo momento a recpeción ten sido moi boa.

En este pouco tempo A Lareira marcou unha liña clara en canto á oferta culinaria. Traballan en novos pratos a medida que atopen os provedores axeitados pero xa ofrecen unha serie de carnes moi especiais. Desde un “tomahawk”, unha peza de boi que non se atopa na contorna e que pode chegar ao kilo trescentos de carne, ata a afamada picaña brasileira, acompañamentos de verduras ou postres únicos.

A Lareira é o regreso ao futuro de Arturo Salano pero tamén o lugar ao que os clientes que proban queren volver. Un lugar tranquilo para chegar paseando, disfrutar dun servizo moi coidado e compartir pratos e conversa cos amigos ou a familia. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies