Compostela, 26 de outubro do 2020 – A hostalería volve á rúa ante a grave situación na que se atopa e convoca unha manifestación para o próximo mércores día 28.
As asociacións de hostalería da cidade consideran inxustificadas as últimas medidas adoptadas desde a Xunta de Galicia. As restricións que entraron en vigor o pasado día 22 son o detonante de esta convocatoria de paro e manifestación baixo o lema “paramos para abrir”.
![](https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/10/hostaleria-manifestacion-slide-26-outubro-2020_r.jpg)
Os hosteleiros lembran que “os diagnósticos emitidos polo centro de Coordenación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio de Sanidade son claros: os contaxios nos establecementos de hostalaría son residuais, non representan máis que o 3.5% do total fronte ao 14% que se producen no ámbito familiar”. Engaden ademais que “o noso sector é un exemplo a seguir no combate á pandemia, cumprimos escrupulosamente con todas as medidas hixénico-sanitarias”.
Consideran que están inxustamente criminalizados e lembran tamén que “a hostalaría é un dos sectores económicos estratéxicos de Compostela, xerando millares de postos de traballo directos e indirectos, do que viven millares de familias”. Solicitan a inmediata apertura do sector e indemnizacións polo peche imposto.
A convocatoria parte da Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Compostela, mao a mao con o conxunto da totalidade das asociacións de hostalaría [Asociación Hostalaría Compostela, Tempo con xeito, Asociación da Raiña, Hosteleiros Asociados Compostelanos, Vicus Francorum, Hostaleiros do Milladoiro e Cidade Vella]. A manifestación partirá o próximo mércores ás 11 da mañá da praza do Obradorio para dirixirse a San Caetano, frente ás instalacións da Xunta de Galicia.