Bisbarra, 29 de outubro do 2020 – A hostalería de toda a bisbarra saíu as rúas de Compostela para pedir un plan de rescate que salve a centos de negocios a punto de pechar.
A hostalería concentrou na súa mobilización a cerca de 1.500 persoas. Non foro solo propietarios de negocios xa que tamén participaron distribuidores, produtores ou clientes.
Os hostaleiros quixeron deixar claro que eles non son o problema, senón parte da solución. A hostalaría cumpre escrupulosamente as normas de seguridade que ditan as autoridades sanitarias, e demóstrao a práctica nulidade de sancións que existen no sector. Os datos do
Ministerio de Sanidade a 22 de outubro sitúan nun 2,1% os gromos que se producen nos locais de ocio representando o 4.7 % do total de caso activos.
Lois López, da Asociación de Hostalería de Compostela explicaba que de seguir así poderían pechar o trinta por cento dos negocios co que iso suporía para a economía e o emprego
O alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo, apoiaba a mobilización coa súa presenza e dicía que era compatible cumprir as normas con apoiar un plan de rescate como o que se da en outros sectores cando hai problemas
A convocatoria foi realizada pola Asociación Hostalaría Compostela, a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago, Tempo con Xeito, Asociación da Raíña, Hosteleros Asociados Compostelanos, Asociación Cultural Cidade Vella, Hostaleiros do Milladoiro e Asociación de Bares e Restaurantes do Franco.
O acto comezou coa lectura dun manifesto por parte dos actores Federico Pérez e Patricia Vázquez no que sinalaron que a situación do sector, que supón o 20% do PIB galego, é insostible desde o punto de vista económico, máximo aquel dependente dos fluxos de turismo, como é o hospedaxe ou o do chamado ocio nocturno.
O sector defende que a saúde e a vida teñen a máxima prioridade, pero a economía tamén é unha condición necesaria para garantir a vida, polo que urxe tomar decisións nesta materia.