Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

A hostalería na procura da unidade

Dous dias de accións marcan o camiño da hostalería na procura dunha unidade que atope solucións á crise que vive.
hostaleria-manifestacion-slide-1-febreiro-2021_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 1 de febreiro do 2021 – Dous dias de accións marcan o camiño da hostalería na procura dunha unidade que atope solucións á crise que vive.
    • Unidos na plataforma
    • Buscar unha representación
    • Fragmentación
    • Apoio na rúa

Compostela, 1 de febreiro do 2021 – Dous dias de accións marcan o camiño da hostalería na procura dunha unidade que atope solucións á crise que vive.

O pasado xoves presentaron a Plataforma en Defensa da Hostalaría Galega que buscará constituír o antes posible unha Federación que aglutine ao sector. O venres saían a rúa en Compostela para camiñar ata San Caetano e reclamar un plan de rescate para o sector.

Unidos na plataforma

Na rolda na que se presentou a Plataforma en Defensa da Hostalaría participaron representantes dos tres colectivos impulsores da iniciativa: Hostalaría Compostela, HOEMPO (Asociación de Hostaleiros de Pontevedra, Poio e Marín) e ShOStalaría da Coruña.

Buscan conseguir un instrumento áxil e eficaz para xestionar o actual momento de crise que atravesa o sector. Queren ademais sumar a empresas doutros sectores directamente ligadas aos intereses da hostalaría, como produtoras, provedoras ou distribuidoras.

Buscar unha representación

A plataforma servirá de base para a creación dunha Federación de Hostalaría Galega, que aglutine a empresas con actividades económicas que prestan servizos ligados ao aloxamento e ao servizo de comidas e bebidas.

Un dos problemas cos que se atopou o sector en esta crise foi a falta dunha representación unitaria. A intención da Xunta de dialogar co Cluster do turismo de Galicia foi o detonante para que as distintas asociacións se decataran da necesidade de buscar a unidade.

O obxectivo da Federación será a defensa e coordinación dos intereses comúns do sector, en calquera ámbito onde estes estean presentes, incluso no estatal ou internacional.

Fragmentación

Os representantes da Plataforma que a crise provocada pola deixou en evidencia a fragmentación e debilidade organizativa do sector “Actualmente, impera un sistema de organizacións cun marcado carácter presidencialista, onde a participación por parte das empresas asociadas é escasa ou nula en moitas ocasións”.

A plataforma avoga por unha unidade que sirva de representación do sector, ampla e plural, ante as administracións encargadas da xestión desta situación “Debemos poñer no centro do debate e actualizar o Plan de Rescate presentado en novembro e esixir que esa sexa a guía de actuación por parte das Administracións, as mal chamadas axudas non son a solución ao problema do sector, son un punto máis da nosa

proposta. Esta desinformación é conscientemente posta en valor pola Xunta para intentar agochar a nefasta xestión e falta de iniciativa que ten a respecto deste tema”, engadiron.

Apoio na rúa

Medio millar de persoas relacionadas coa hostalaría en Galicia e un cento de vehículos de empresas distribuidoras e provedoras participaron na manifestación de Compostela.

A mobilización partiu ás 10:15 horas do aparcamento de Santa Marta e dirixiuse aos edificios administrativos da Xunta en San Caetano. Ali reclamaron ao Goberno galego liderar, xunto co sector, ante as administracións competentes as medidas do Plan de Rescate que a hostalaría presentou en novembro.

As asociacións sinalaron que é necesaria unha “urxente liquidez en forma de indemnizacións”, non axudas, para evitar a desaparición de

miles de empresas e, en consecuencia, a perda de miles de postos de traballo. “Sabemos que non son eles os culpables da pandemia, pero son os responsables de buscar unha solución a esta problemática que está acabando cos nosos negocios e co conxunto da economía galega”.

Así mesmo, sinalaron que urxe que as administracións se poñan de acordo xa sobre o instrumento máis áxil para rescatar a un sector que, vítima das loitas partidistas, está ao borde da quebra.

Post navigation

Previous: Pleno denso en Ames que remata sen conseguir cotar todos os puntos
Next: Autorizan o aumento da potencia da subestación de Padrón

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

silleda-subrogacion-saf-slide-24-xaneiro-2022_r
2 minutes read
  • Compostela

Siad 24 sen argumentos para non pagar as nóminas do SAF

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.