Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

A hostalería leva as restricións ao Tribunal Superior de Xustiza

16 asociacións de hostalería de toda Galicia presentaron o recurso que elevaron ao TSXG polas restricións impostas desde a Xunta de Galicia.
hostaleria recurso tsxg 12 agosto 2021 (2)

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 12 de agosto do 2021 – Un total de 16 asociacións de hostalería de toda Galicia presentaron en Compostela o recurso que elevaron ao TSXG polas restricións impostas desde a Xunta de Galicia.
    • Indemnizacións

Compostela, 12 de agosto do 2021 – Un total de 16 asociacións de hostalería de toda Galicia presentaron en Compostela o recurso que elevaron ao TSXG polas restricións impostas desde a Xunta de Galicia.

Pé de foto: de esquerda a dereita, Sergio Fernández (Antealteares Compostela SL e vicepresidente de Hostalería Federada de Galicia, HOSFEGA), David Dopazo (Noavero SL e membro da Plataforma Galega en Defensa da Hostalería), Ángel Pérez (Bar Anxo), Lois Lopes (A Nave de Vidán SL e membro da Plataforma Galega en Defensa da Hostalería), Martín Pais (vicepresidente da Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Galicia), Lucía Vázquez (Bar Bicoca, presidenta da Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Compostela) e Óscar Blanco (Bar Raíces Galegas).

As asociacións de hostalería pertencen aos colectivos Hostalería Federada Galega (HOSFEGA) e a Plataforma Galega en Defensa da Hostalería. Ambos os dous  representan a máis de 4.000 empresas en Galicia.

O recurso, interposto o pasado 6 de agosto e admitido a trámite o día 10, foi anunciado nunha rolda de prensa celebrada polos representantes das empresas firmantes, Lois Lopes (A Nave de Vidán SL), Sergio Fernández (Antealtares Compostela SL), David Dopazo (Noavero SL) e Lucía Vázquez (Bar Bicoca).

O documento é a continuación dunha serie de medidas que pretenden visibilizar a problemática que afecta ao sector da hostalería debido ás limitacións sanitarias. Estas restricións son consideradas polas empresas “desproporcionadas, discriminatorias e non consensuadas”. Neste sentido, argumentan que producen unha “forte criminalización” da hostalería e non aportan “efectividade” para frear a pandemia.

Pola contra, engaden, as restricións na súa actividade producen alternativas de ocio privadas sen ningún tipo de control. O propio conselleiro de Sanidade, na súa comparecencia do 10 de agosto, recoñecíaas como o principal perigo nestes momentos para a proliferación de contaxios. O sector considérase parte da solución, ao igual que xa está acontecendo no Reino Unido, onde despois de eliminarse todo tipo de restricións obsérvase una evolución positiva da pandemia.

Indemnizacións

Na mesma rolda de prensa tamén se reclamou un plan de indemnizacións “real” que cubra as perdas que se producen no sector co obxectivo de manter o número de empresas e os postos de traballo que se xeran.

Lois Lopes indicaba no encontro que “O sector está disposto a estudar medidas de carácter efectivo que nos permitan traballar ao 100% das nosas posibilidades, tanto en limitacións de capacidade como nos horarios que temos establecidos legalmente nas nosas licenzas, de aí que se valore a posibilidade de implantar un pasaporte sanitario modelo Francia que permite ao sector dese país traballar sen restricións”.

En este colectivos están integradas a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Compostela; Asociación de Empresarios Lugo Monumental; Asociación de Empresarios Beiras de Viveiro; Asociación de Hostelería de Ribeira; Asociación de Hostelería de Moaña; SHOS Hostelería Coruña; APEMER Vigo (Asociación Provincial de Establecimientos Musicales y Espectáculos Reglados); Asociación de Hostelería de Betanzos; AHROU, Asociación de Hostelería e Restauración de Ourense; Asociación de Hostelería Boiro-Rianxo; Asociación de Hostelería de Bueu; ARECA, Asociación de Restauración de Cangas; Asociación de Hostelería de Caldas de Reis; Hostaleiros e Autónomos de Ferrolterra, H.A.F.; AHITUVI, Asociación de Hostelería y Recursos Turísticos de Vilagarcía; HOEMPO, Asociación de Hosteleros de Pontevedra, Poio e Marín

Post navigation

Previous: Un campamento de traballo no Castro Lupario
Next: Silleda leva o abastecemento ao lugar de Castro, en Manduas

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.