займ срочно

A hostalería fuxe de triunfalismos

0

Compostela, 2 de setembro do 2021 – A hostalería no quere caer en triunfalismos e a Asociación de Compostela lembra nun comunicado que un bo mes non arranxa un ano e medio de perdas.

A Asociación de Hostalería pasou polo Parlamento para reunirse co grupo socialista. O encontro forma parte da rolda de contactos que está levando a cabo coas distintas institucións e partidos políticos.

En este caso participaron as deputadas do PSdeG Leticia Gallego e Noa Díaz. Pola banda da hostalería estiveron o presidente da entidade Thor Rodríguez e o directivo Javier Míguez. Ambos os dous explicaron unha serie de medidas que propoñen para mellorar a situación dos negocios.

Os representantes da hostalería explicaron que “Coa porcentaxe de vacinados que temos hoxe en Santiago, e que supera amplamente o 70%, é preciso cambiar o modelo, con menos restricións, aínda que se siga primando obviamente a seguridade dos clientes”.

Rodríguez destacou que grazas ao turismo galego e nacional a hostalaría compostelá moveuse en cifras prepandémicas en agosto, “pero un mes bo non arranxa ano e medio de perdas”.

O presidente insistiu en que a hostalería que sobreviviu leva facendo “un grande esforzo” durante moito tempo e ten agora por diante un final de ano de “moita incerteza”.

Hostalaría Compostela tamén trasladou a preocupación por non estar cumprindo coas expectativas dos visitantes. Os turistas atoparon unha cidade ateigada que non podía dar reposta ás demandas debido ás restricións impostas.

Entre as propostas presentadas por Hostalaría Compostela inclúense que se establezan as restricións por usos e non por licenzas, que as terrazas poidan estar ao 100% de capacidade en todos os locais, que prime a distancia entre mesas en lugar dos aforos e que os cambios non entre en vigor os sábados, como vén sendo habitual, senón os luns para que non afecte ás provisións que normalmente se realizan para as fins de semana.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies