займ срочно

A Horta do Obradoiro, comer en casa

0

O título de esta reportaxe ten que ver con como foi aberta a Horta do Obradoiro e co espírito co que a dirixen os dous propietarios, Kike Piñeiro e Eloy Cancela.

Falamos con Kike sobre quen está detrás da Horta do Obradoiro, sobre a historia de amizade que os levou a, como el di, chegar ao peor momento co mellor equipo

A historia do amor de Kike pola hostalería comezou con 14 anos. Pode dicir que viviu a evolución do sector e que coñeceu, tamén, a parte máis dura do negocio. O lembra con cariño e explica que os que se dedican a este sector saben do aditivo que resulta

Pero tanto Kike como Eloy formáronse para chegar a ser o que mostran cada día na Horta do Obradoiro. En canto a estudos son unha combinación de público e privado, de cociña tradicional e novas tendencias

Como dicíamos Kike viviu evolución do sector, el mellor que ninguén sabe de como se traballaba hai 28 anos. Cre que o importante é o cariño que se poña ao traballo pero tamén comprende que un horario razoable axuda a que negocio funcione mellor

Para el cociñar segue sendo unha prioridade. Seguindo ese amor percorreu todo o norte de España traballando en algúns dos mellores restaurantes. Acumula unha experiencia imposible de atopar nas aulas

Recoñece os valores da gastronomía do sur da península pero quédase sen dubidalo co norte. E do norte con San Sebastián no que hai xa 17 anos ser cociñeiro era ser respectado

O edificio no que se ubica A Horta do Obradoiro data de 1690. Foi un referente nos anos 90 e na última etapa, antes da chegada de Kike e Eloy, caeu nunha certa decadencia. Namoraron en canto o viron, quedaba moito por facer pero era unha oportunidade única que non desaproveitaron

Na Horta un atopa desde unha travesa de batea ata pratos de madeira dos que se usan para o polbo nas feiras pero está todo tan integrado que pode ser un pasatempo descubrir o local dentro do local

Ese airea tradicional está presente nos pratos. Escoitar a Kike é, en certo modo, facer un master xa que explica dun xeito sinxelo a evolución que tivo o sector e a importancia de manter a tradición en eses cambios que se producen

Kike pensa como Lindeiros que temos que aproveitar o que nos ofrece a cidade e a bisbarra e poñelo en valor. Aproveitar que vivimos nun lugar no que se pode facer de todo e que todo se pode ofrecer, tanto ao visitante como ao de aquí.

Poderíamos estar falando con Kike un par de horas máis. Gústalle conversar e si é de cociña máis, e iso que non preguntamos por anécdotas porque seguro que ten para encher un libro. Si acudides a Horta do Obradoiro atoparedes unha casa na que comer, un lugar no que estar, e iso é máis do que pode dicir moitos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies