Compostela, 26 de novembro do 2021 – A Fundación Granell dedicará o maratón de lectura anual a Francisco García Lorca, irmán do poeta andaluz.
Eugenio Granell mantivo una grande amizade con Francisco ao que coñeceu en Nova York cando Granell e a súa familia trasladáronse a vivir a EEUU, nos anos 60.
Francisco García Lorca, irmá menor de Federico e, como el, foi integrante da Xeración do 27. Granell e Federico formaron parte do grupo de exiliados españois e compartiron amigos comúns. Ambos coincidiron na Escola de Linguas de Middlebury, no Estado de Vermont, unha famosa universidade de verán pola que pasaron todos os hispanistas significativos de Estados Unidos.
O arquivo de Eugenio Granell garda mostra desta amizade coa correspondencia entre ambos. A Granell contará este ano coa colaboración da Fundación Federico García Lorca.
Como todos os anos a participación está aberta ao público en xeral de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. Pódese escoitar ou participar lendo algún fragmento da obra do escritor seleccionado.
Para facer máis doada a organización do acto, todos aqueles que desexen participar poden chamar aos teléfonos 981 572124 ou 981 576394 ou escribir ao correo electrónico: secretaria@fundacion-granell.org indicando a hora á que lles gustaría intervir.
Semana de Eugenio Granell e Amparo Segarra
O maratón coincide coa semana que a Granell dedica aos aniversarios de Eugenio Granell e Amparo Segarra.
Desde o ano 2001, ano do falecemento de Eugenio Granell, a Fundación celebra a súa natalicio (28 de novembro), ao que se engade, a partir deste ano, a celebración tamén do natalicio de Amparo (9 de decembro).
Do 29 de novembro ao 9 de decembro o museo levará a cabo as Xornadas de Portas Abertas coa visita gratuíta ás exposicións activas.