Compostela, 05/05/2026 – A Fundación Eugenio Granell inaugura este mércores unha interesante mostra baixo o título “Masides”. Unha homenaxe ao século XX por medio de un mestre e un discípulo: Díaz Pardo e Maside.
A exposición que se abre mañá, ás oito da tarde na Granell, está comisariada por María Esther Rodríguez Losada. Nas súas propias palabras “Coa exposición MASIDES queremos agasallar o século XX e a memoria histórica con fidelidade e respecto. Salientamos as luces e as sombras do noso Territorio e a súa paisaxe, a Sociedade e as peculiaridades da nosa Cultura europea, excéntrica e atlántica”.
A exposición xira en torno á figura do mestre e o discípulo, de Díaz Pardo e de Maside. Segundo a comisaria “Eles ocupan a primeira metade do século XX. Ambos viviron monarquía, ditadura e república, a guerra civil e o exilio”.
Rodríuez Losada engade sobre a mostra da Granell “Como vai de mestres e discípulos para completar o seu percorrido eliximos para a segunda metade do século a Xulio Maside, discípulo e sobriño de Carlos. Nace na IIª República, a xuventude no Franquismo, entra na Democracia en plena madurez. A diferencia dos seus predecesores desfruta do primeiro terzo do século XXI. Os tres representan ás xeracións históricas do século XX. Castelao ao Grupo Nós. Maside a Xeración de 1925 e Xulio Maside a Xeración da Posguerra, de longa longuísima ditadura”.
