Compostela, 28 de novembro do 2018 – A Fundación Eugenio Granell, como ven sendo habitual dende fai uns anos, organiza na última semana do mes de novembro, diferentes actos e actividades para conmemorar o aniversario do artista. nado o 28 de novembro de 1912.
Hoxe e mañá organizase unha xornada de portas abertas na Fundación Granell para que todas aquelas persoas que visiten o Museo o fagan de balde.
Hoxe mércores ás 19.00 h. realizarase unha nova entrega da actividade A Miña Peza Favorita. Neste caso a cargo do investigador Leonel García Laborde, que se centrará nos recursos e rasgos das Artes Escénicas que están presentes na obra de Granell.
Leonel licenciouse en Arte Dramático na especialidade de Dirección escénica pola Universidade Estatal de Cultura e Arte de Moscú en 1992. Conta cun master de Artes escénicas realizado na Universidade de Vigo; onde actualmente estase doutorando en estudos literarios. Combina a dirección escénica coa docencia e a investigación teatral. Dende o año 1998 dirixe Teatro Aforo, con sede en Vigo.