Compostela, 22 de abril do 2021 – O Comité de empresa de Urbaser anunciou folga na limpeza de Compostela do 30 de abril ao 4 de maio.
A folga en Compostela podería afectar aos concellos de Ames e O Pino onde a empresa presta servizos con material compartido con Santiago.
O comité de empresa cualificou de “miserable” a oferta da empresa, conexlación este ano e o seguinte e suba do 0.5 no 2023. Enganden que se chegara a un principio de acordo dun dous por cento de subida salarial e só estaba en debate a forma de aplicalo
Tema aparte é o da antigüidade. O Comité explica que se está facendo mal o computo e iso corrixirase negociando o nos xulgados
sobre as conversas coa concelleira de medio ambiente de Santiago, Mila Castro, o Comité di que hai máis dun ano que non falan con ela e que nunca tiveron oportunidade de darlle ningunha suxerencia en persoa polo que si se tiveron en conta serían as que se lles etregou na campaña electoral
Ames e O Pino
O Comité de empresa indicou a preguntas dos xornalistas que a folga en Compostela podería afectar de algún xeito a Ames e O Pino xa que comparten unha boa cantidade de recursos
Esta situación é coñecida polo concello de Santiago e está tipificada nos pregos aínda vixentes como falta grave aínda que descoñecen si esto se contempla na licitación que se acaba de abrir
