Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Brión

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

O BNG denuncia que a propia licitación recoñece que se retrasou por falta de crédito

Casa Consistrorial de brion

Brión, 14/07/2026 – As festas dos Maiores sempre foron controvertidas. Desde que comezaron a ser un evento fixo os gobernos municipais intentan que a veciñanza as valore e desfrute mentres que a oposición critica o gatos, a organización o a utilización política delas.

En Brión o BNG denuncia a “pésima xestión económica” feita polo goberno municipal. O voceiro nacionalista, Xosé Penas, asegura que o goberno de Pablo Lago vive “instalado na improvisación é incapaz de planificar un gasto que se repite todos os anos”

Esta crítica parte do propio documento realizado para contratar o xantar da Festa dos maiores e tramitado por vía de urxencia. O BNG destaca que “Segundo recolle o propio expediente, o executivo local xustifica a urxencia en que a data de realización está moi preto e non puido tramitarse antes o expediente por non dispor o Concello do crédito necesario para facer fronte ao gasto”.

O voceiro do BNG, Xosé Luís Penas, cre que isto é unha evidencia dunha mala xestión xa que “Non estamos diante dun gasto imprevisíbel. A Festa dos Maiores é unha actividade que o Concello organiza todos os anos, practicamente nas mesmas datas. Se non houbo tempo para tramitar o contrato é porque non se fixo a planificación que correspondía. Que o Concello chegue tarde ao seu propio calendario non é mala sorte: é mala xestión”.

O BNG lembra ademais que a tramitación de urxencia está prevista para circunstancias excepcionais que requiren acelerar os procedementos administrativos. Por iso considera difícil de xustificar que se recorra a esta vía nun contrato correspondente a unha actividade recorrente e perfectamente previsíbel. “Se todos os anos hai que organizar este xantar, o lóxico é prever tamén con tempo o crédito e iniciar o expediente con antelación. O contrario supón converter a excepción na norma”.

A formación nacionalista lembra tamén que esta nova mostra de improvisación prodúcese cando está a piques de cumprirse un ano do pacto de goberno entre PSOE e PP, formalizado en xuño de 2025 coa creación dunha dedicación parcial de 600 euros mensuais para un concelleiro popular. «Prometeron estabilidade e unha mellor xestión económica.

Post navigation

Previous: Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago
Next: Que e quen no Apóstolo 2026

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.