Compostela, 3 de maio do 2022 – O pasado domingo era inaugurada a feira do Libro de Compopstela na Alameda da cidade, unha das citas máis tradicionais do programa de feiras do Libro de Galicia.
A inauguración da Feira do Libro contou coa participación de Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Ramón Manuel Domínguez López, Presidente da Federación de Librarías de Galicia, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, Alcalde do Concello de Santiago de Compostela, e Berta Dávila como pregoeira.
O pregón de Berta Dávila resultou especialmente fermoso, percorrendo a emoción dese primeiro libro elixido por unha mesma na infancia e a importancia de disfrutar da lectura sen cortapisas, como un xerador de desexo e felicidade.
A Feira do Libro de Compostela permanecerá aberta até o vindeiro domingo 8 de maio, con múltiples actividades e propostas culturáis para todos os gustos.
A Federación de Librarías de Galicia
A Federación de Libreiros de Galicia é unha institución constituída sen fins de lucro, integrada actualmente por 141 librarías de toda Galicia, que leva 45 anos traballando pola defensa dos os intereses comúns do sector, e fomentar o crecemento dos lectores con diversas campañas.
No seguinte enlace tes acceso ao programa completo da Feira do Libro