Teo, 20 de setembro do 2021 – Veciños da Ramallosa expresaron aos medios de comunicación o seu malestar pola falta de mantemento da estrada AC 841, dependente da Xunta de Galicia.
Como sucede en moitas ocasións a falta de desbroces fai que a maleza invada a estrada. Unha situación que se complica en canto chegan as primeiras chuvias como se pode apreciar no tramo entre a urbanización Os Verxeles e a Ramallosa.
Desde a Concellaría de Servizos Básicos de Teo explícase que se falou en distintas ocasións coa Xunta de Galicia sin que dera resultado. Según esta concellaría a resposta foi que carecían de persoal suficiente e antes a suxerencia de contratar unha empresa externa que non tiñas recursos.
Para o concelleiro de Servizos Básicos de Teo, José Manuel Elías, a Xunta “ten que facer frente a súas obrigas e non deixar caer en abandono todo para que a veciñanza acuda a protestar a administración máis cercanas, que sempre son os concellos. Entendemos e compartimos o mal estar da veciñanza da zona, e vendo que non había resposta a nosa petición de desbroce, a concelleira de Urbanismo, Uxia Lemus , enviou un escrito, adxuntando fotos a Axencia Galega de Infraestructuras, sin que ata esta data teñamos algunha resposta”.
Desde o grupo socialista municipal non se descarta levar unha iniciativa ao Parlamento Galego se non hai unha resposta clara da Xunta de Galicia.