займ срочно

Demandan unha varanda de protección na  rotonda de Figueiroa na Estrada

0

Bisbarra, 26 de setembro do 2022 – O BNG da estrada ven de reclamar a construción dunha varanda de protección na rotonda situada na recta de Figueroa.

Os nacionalistas explican que, a determinadas horas, as entradas e saídas dos país que acoden ao colexio provoca situacións complicadas pola falta de espazo para aparcar.  Isto fai que moitos condutores opten por utilizar  as marxes da recta de Figueiroa para deixar os coches e levar as nenas e os nenos ao colexio.

O Bloque engade que algúns dos pais puxéronse en contacto coa formación para denunciar que esta situación xera un problema de seguridade vial na rotonda, xusto antes de chegar ao paso de peóns. Esta anaco de beirarrúa é moi estreito e non ten beiravía, o que aproxima moito os coches ás nenas e nenos que pasan por esta rúa en dirección ao colexio.

Os nacionalistas consideran que a construcción dunha simple varanda solucionaría o problema. Engaden que aínda que non se produciu ata o momento ningunha desgraza “entendemos que o concello debería investir en prevención, poñer a venda antes de que apareza a ferida, e non agardar a que ocorra algo, cousa que é bastante habitual”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies