Bisbarra, 13 de xullo do 2022 – O concello da estrada retira estes días das súas rúas os oito vehículos abandonados co obxectivo de mellorar a imaxe do concello.
Estes coches que supoñen un foco de contaminación e reducen as prazas de aparcadoiro. Os dous primeiros vehículos retirados pola Policía Local foron os da rúa Manuel de la Calle e da Avenida de Marín.

Nos vindeiros días retiraranse outros seis vehículos abandonados estacionados na N-640, á altura de Matalobos; na rúa 14; no Camiño Real; na 2ª Travesía do Matadoiro; no Camiño a Ouzande; no Camiño das Pozas e na Avenida de Pontevedra.
Durante as próximas semanas, a Policía Local porá o foco no rural, onde se identificaron case unha centena de vehículos sospeitosos de estar en situación e abandono tanto na vía pública como en terreos privados. Deste total, máis de 50 xa foron retirados polos seus propietarios unha vez recibida a notificación.
O concello terá que retirar de xeito forzoso preto de 40. logo de non poder efectuar a comunicación aos seus propietarios ou de superar o prazo dun mes do que dispoñen para retirar o vehículo.
Grazas a un convenio asinado coa Deputación de Pontevedra, a retirada do vehículo e mais o seu posterior desmontaxe e desinfección realizarao unha empresa contratada polo ente provincial.
