Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada
  • Axenda
  • Xeral

Presentada a edición 2024 da Rapa das Bestas de Sabucedo

Rapa-Sabucedo-slide-20-xunho-2024_03-37-49_r

Bisbarra, 20 de xuño do 2024 – O Museo das Peregrinacións de Compostela acolleu a presentación da edición 2024 da Rapa das Bestas de Sabucedo, que se celberará do 5 ao 8 de xullo.

No acto participaron o Conselleiro de Cultura, José López Campos; o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao e o presidente da Asociación Rapa das Bestas, Paulo Vicente. Todos destacaron como reto máis urxente a declaración da festa como Ben de Interese Cultural, BIC.

O Conselleiro de Cultura, e ex alcalde da Estrada, avanzou a posibilidade de que xusto antes do inicio de esta edición sexa publicado no DOGA o inicio dos trámites previos e necesarios para a declaración como BIC na categoría de patrimonio inmaterial.

López Campos tamén lembrou que a celebración xa é considerada de Interese Turístico Nacional e Internacional e que se trata dunha “tradición sobranceira que forma parte da memoria colectiva de Galicia”

O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao destacou o que supón para o concello a celebración da festa e aproveitou para poñer en valor outros eventos consolidados como a Festa do Salmón ou que cada ano van crecendo como a Festa da Sidra.

Imaxe de Loli Fernández para Lindeiros, dereitos reservados

Pola súa banda Paulo Vicente destacou un ano máis a resposta da xente, coas entradas do sábado xa esgotadas, e dos medios con centos de xornalistas acreditados, desde países como Estados Unidos, Italia, Francia, Portugal ou Exipto entre outros.

Este ano ademais a Rapa das Bestas entrará nunha plataforma tan innovadora como Twitch xa que o xornalista galego Siro López, dedicado habitualmente a eventos deportivos, intentará emitir desde Sabucedo.

A Rapa leva aparellado ademais un intenso programa de actividades como o Rapa Sons que encherá de música os catro días de festa. Tedes toda a programación na páxina oficial da Rapa. 

A Rapa das Bestas de Sabucedo é unha tradición que, segundo a lenda oral, se remonta á segunda metade do século XVI, achegándose así aos 500 anos de vida e manténdose a día de hoxe conxugando o seu espírito e os seus valores orixinais coa evolución en canto a coidado dos animais e do medio ambiente.

 Ademais, supón un gran atractivo turístico con repercusión internacional pola singularidade da celebración, sendo a parte do curro, onde confrontan técnica e forza os aloitadores e os cabalos, a que esperta máis interese pola súa espectacularidade.

Post navigation

Previous: Tras anos de pugna legal Silleda concede licencia á gasolineira de Plenoil
Next: O concello de Santiago actualiza os acordos con Xunta e Acuaes para a nova depuradora

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.