Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada
  • Axenda

Un raid de navegación trae á Estrada pilotos de toda España

Adventure Galicia organiza coa colaboración do concello da Estrada un raid de navegación con inscritos de toda España
estrada-raid-navegacion-slide-normal-14-xunho-2022-(3)_r

A Estrada, 14 de xuño do 2022 –  Adventure Galicia organiza coa colaboración do concello da Estrada un raid de navegación no que están inscritos ata o momento 81 pilotos de toda España.

Do 16 ao 19 de xuño estes pilotos tomarán a saída, e chegarán de volta, na Praza da Feira da Estrada. O raid discorrerá polos municipios de Cuntis, Valga, Campolameiro, Cerdedo-Cotobade, Forcarei e Silleda.

Esta será unha das catro competicións anuais organizadas na nosa comunidade puntuables para o Campionato de Navegación Adventure Galicia, nas que se valora a precisión á hora de desprazarse entre as diferentes balizas das que se compón o percorrido ata chegar á meta.

A proba contará con preto de 450 quilómetros en total. Durante o xoves 16 de xuño, a partir das 16.00 horas, terán lugar as acreditacións e as verificacións técnicas. O venres 17 continuarán as verificacións durante a mañá e, a partir das 16.00 horas, sairán os participantes para percorrer a primeira etapa, composta por 80 quilómetros.

O sábado 18, a saída será ás 9.30 horas e deberán completar durante todo o día un percorrido de 220 quilómetros; e o domingo 19 sairán ás 9.30 horas para realizar unha última etapa de 125 quilómetros durante a mañá, que rematará coa entrega de trofeos ás 14.30 horas.

Segundo o nivel de dificultade na navegación, os/as participantes estarán divididos nas Categorías de Turismo, Adventure e Dakar. Entre os corredores atópanse os pilotos estradenses Javier Campos, Manuel Arca e Juan Betetes, primeiro clasificado na categoría Adventure. Ademais, disputarán a proba Joan Pedrero e Eduardo Iglesias, competidores no Dakar.

Post navigation

Previous: A Xunta presenta en Vedra as axudas para árbores e formacións senlleiras
Next: Músicas na Linde: SonDeSeu

Máis novas

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.