Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada
  • Xeral

Eólicos sobre eólicos na Estrada

parques eólicos

Piden que se alegue contra un parque de eólicos que se pretende situar sobre terreos cunha DIA negativa xa emitida.

parques eólicos

Á intención, por parte da industria, de instalar parques eólicos en zonas sensibles, xa sexa por razóns medioambientais, patrimoniais ou ámbalas dúas é unha realidade. O que se denuncia na Estrada vai un paso máis alá xa que os terreos recibiran xa unha Declaración de Impacto Ambiental, DIA, negativa.

O BNG da Estrada levará ao pleno de hoxe unha moción de urxencia na que solicita que se presenten alegacións contra o proxecto do parque eólico Ventoburgo. Trátase dun proxecto que presenta a empresa Caoba Wind, SL., de 59,85 MW, e polo tanto de tramitación estatal, e situado nos montes de Cabanelas, parroquia de Liripio, onde se colocarían até seis aeroxeradores.

Os nacionalistas destacan do proxecto eólico de Ventoburgo que colocaría parte da infraestrutura en parte da zona onde a Xunta de Galicia emitiu no seu día unha Declaración de Impacto Ambiental negativa a outro parque eólico.

Aquela DIA negativa consideraba que a actuación proxectada non era ambientalmente viábel, vistos os informes de Patrimonio e outros organismos. O BNG considera que este dato, unido ao valor paisaxístico, cultural e patrimonial, é suficiente como ara presentar alegacións.

O Bloque lembra que o goberno municipal xa alegou en outras ocasións alegou a proxectos eólicos que atentaban contra o medio ambiente e o modo de vida dos veciños e veciñas. Por este motivo, instan a PP, PSOE e Móvete a apoiar a moción que pide ao goberno municipal “presentar alegacións para frear este proxecto depredador, que atenta contra o noso territorio”.

O BNG engade que este proxecto se presenta xunto a outros catro parques eólicos que presentan un total de cinco empresas diferentes. O destacable é que todas elas teñen o mesmo domicilio social. Para os nacionalistas “Este feito pode ser moi legal, mais demostra o que tantas veces temos denunciado desde o BNG, que estamos ante un espolio de libro, que neste caso xa actúan con total descaro”.

Post navigation

Previous: O Noia Harp Fest presenta a súa programación 2025
Next: VIII Ames Jazz

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.