Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada
  • Xeral

Preocupación polo servizo de axuda ao fogar, SAF, na Estrada

Un informe da inspección de traballo desvela graves irregularidades no servizo de axuda ao fogar, SAF, no concello da Estrada.
A empresa do SAF en Compostela retrasa a paga da extra de xullo e o xustifica con problemas de tesourería

Bisbarra, 4 de setembro do 2023 – Un informe da inspección de traballo desvela graves irregularidades no servizo de axuda ao fogar, SAF, no concello da Estrada.

A empresa concesionaria do SAF incumpre o prego de condicións e o convenio colectivo en cuestións como o descanso semanal ou o computo de horas de traballo efectivo. No caso de que as traballadores decidiran presentar demanda nos xulgados isto suporía para a empresa importantes sancións económicas.

O BNG da Estrada ven de instar ao concello para evitar as consecuencias de esas posibles denuncias. Os nacionalistas explican ademais a situación de precariedade da concesión. Outorgada en 2015, por un importe de máis dun millón de euros, o prazo máximo de prórrogas rematou en 2019 se que se sacara a licitación desde entón.

O Bloque pídelle ao goberno municipal que actúe  “e non sexa cómplice dunha situación que afecta a un servizo público esencial do noso concello. Por unha parte ten que mediar coa empresa e as traballadoras para solucionar as graves deficiencias detectadas. Por outra banda, instamos ao goberno municipal a sacar un novo concurso do SAF que garanta unha boa calidade no servizo, así como cumprir os dereitos laborais das traballadoras”.

En todo caso, desde o BNG consideran que a mellor opción é a municipalización do servizo. “Como se está a ver, a privatización poderá implicar menos traballo para o alcalde e os concelleiros e concelleiras de goberno, que cobran dedicacións exclusivas moi cuantiosas, pero resulta nefasto para os intereses das traballadoras e dos usuarios e usuarias do servizo de axuda no fogar, unha das pezas claves do estado do benestar no noso concello”.

Post navigation

Previous: Un ano e medio para construí a senda entre o Milladoiro e a intermodal
Next: Conxo celebra os 150 anos da liña de ferrocarril Cornes a Carril

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.