Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada

A Praza da Feira da estrada ábrese tras rematar a súa humanización

A Estrada ven de reabrir a Praza da Feira logo de rematar as obras de humanización que se levaron a cabo durante os últimos oito meses.
a-estrada-nova-praza-slide-20-xunho-2022-(2)_r

A Estrada, 20 de xuño do 2022 – O concello da estrada ven de reabrir a Praza da Feira logo de rematar as obras de humanización que se levaron a cabo durante os últimos oito meses.

A apertura da Praza da Feira sufruíu tamén a crise de subminístroos polo que dubidábase de poder abrila antes do verán. As actuacións, por valor de 656.584 euros, foron cofinanciadas a través dos fondos europeos EDUSI e do plan Ágora da Deputación de Pontevedra.

O proxecto foi deseñado polo estudo RVR Arquitectos co nome de “Baixo as árbores”, logo de ser sometido a un  procedemento de participación pública e resultar gañador coa maioría dos votos.

Durante os traballos de humanización levouse a cabo a plantación de máis de 40 árbores, a meirande repartidas en dúas fileiras na parte central para crear unha bóveda de follaxe co paso do tempo. A intención é que baixo este espazo póidanse desenvolver todo tipo de actividades.

Entre os límites da praza e os edificios da súa contorna creáronse zonas de actividade para dinamizar eses espazos; construíuse un acceso en grada ao Campo da Feira para unificar as superficies e reducir o desnivel; instaláronse dúas fontes e colocáronse pezas de iluminación. Para a parte central da praza empregouse un material filtrante e compacto tipo Terraway, cun baixo impacto ecolóxico. Nas vindeiras semanas tamén se levará a cabo a instalación de bancos de gran tamaño á sombra das árbores, unha vez rematen as festas do San Paio e liberen o espazo as atraccións de feira.

O alcalde da Estrada, José López, referiuse ao resultado destes traballos como unha “actuación sobresaínte” da que todo o mundo debe sentirse orgulloso e destacou a implicación política, técnica e social para conseguir executar “un dos proxectos con mellor retorno” de todos os que se levaron a cabo no municipio, grazas ao que se volta “aos inicios da Praza da Feira” coa recuperación do espazo para a veciñanza.

Esta humanización tivo continuidade cara outros espazos como a rúa Ulla e a Porta do Sol, e a rúa Calvo Sotelo, para evitar que se tratasen de actuacións independentes, senón que “responderan a un fío condutor ben planificado urbanisticamente”, acadando a integración real do peón nos espazos centrais da vila, explicou López.

O rexedor local tamén asegurou que a nova pavimentación da parte central da praza “ten unha durabilidade garantida” pola empresa construtora e mais o arquitecto encargado do proxecto. O obxectivo a partir de agora, engadiu o alcalde, é que a Praza da Feira pase de ser unha zona completamente marxinal, “unicamente aproveitada durante os mércores de feira”, a que se converta “nunha zona de referencia para a veciñanza” e pase a ser un dos grandes centros da actividade lúdica, cultural e de ocio da vila, algo que xa se comezaba a notar durante as últimas fins de semana aínda coas obras sen rematar.

Post navigation

Previous: Movendo os marcos: Encordass Fiddle Fest
Next: Alcaldes: Luís Oujo, Porto do Son

Máis novas

XIII Noite Folk en San Xurxo De Bea na Estrada
3 minutes read
  • A Estrada

Noite Folk de San Xurxo de Vea

Alfonso Rueda percorrendo o novo tramo da AG-59
3 minutes read
  • Xeral

A Estrada máis cerca de Compostela

Caratula do libro Andrómedas e Credos
2 minutes read
  • A Estrada

Presentación de “Andrómenas e credos. Suma mitolóxica de Cerdedo e Montes”

Cartel de presentación do libro na Asociación Vagalumes
2 minutes read
  • Xeral

A Asociación Vagalume presenta “Volveredes brindar por min. unha biografía de Begoña Caamaño”

Cartel concentración contra a pesca do salmón
5 minutes read
  • A Estrada

Piden a suspensión da pesca do salmón no Ulla

a estraa bng sinalizar fochancas 19 xaneiro 2026 (1)
2 minutes read
  • A Estrada

Iluminando as fochancas

negreira reunion SLIDE
1 minute read
  • A Estrada

Tres Negreira

compopstela fondos feder 4 outubro 2025
3 minutes read
  • A Estrada

Compostela, Ames, A Estrada e Ribeira  reciben máis de 22 millóns de fondos Feder

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.