Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada
  • Xeral

A Estrada contará cun heliporto ao carón do Centro de Saúde

O concello da Estrada ven de anunciar a construción dun heliporto na parcela situada ao carón do centro de saúde.
a-estrada-helipuerto-centro-saude-slide-normal-28-setembro-2022_r

Bisbarra, 28 de setembro do 2022 – O concello da Estrada ven de anunciar a construción dun heliporto na parcela situada ao carón do centro de saúde.

O alcalde da Estrada, José López, explicou que o heliporto servirá “para facilitar a aterraxe e o despegue do helicóptero do 061 nun lugar estable, evitando perder tempo na procura dun terreo cando se desprace á Estrada por algunha emerxencia”.

O investimento previsto é de 26.000 euros. A obra que sairá a licitación contempla a construción dunha plataforma, na zona da Baiuca ao carón do centro de saúde, e a creación dunha pasarela que comunique a plataforma coa entrada de Urxencias. 

O rexedor local destacou que este proxecto, que atende ás demandas do persoal sanitario do centro de saúde da Estrada e mais ás do propio 061, “amosa unha vez máis a aposta do goberno local por mellorar o acceso ás emerxencias de toda a nosa veciñanza”. Ademais, precisou que os técnicos municipais levan meses traballando nesta proposta pero o procedemento estivo paralizado á espera de obter os permisos necesarios do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana pola súa proximidade á estrada N-640. O alcalde lembrou que “o compromiso do goberno local coa mellora dos servizos sanitarios” verase reflexado tamén coa substitución da actual ambulancia municipal do Servizo de Emerxencias da Estrada por outra nova, para o que se adicarán 75.000 euros “co obxectivo de seguir mantendo un servizo básico e fundamental para a veciñanza, complementario ao do 061, e que realiza preto de 1.300 intervencións ao ano”.

Post navigation

Previous: Piden que a senda verde chegue ata a estación intermodal
Next: A EMAE da Estrada leva ao Teatro Principal “Pastel de Escarapote”

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.