Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada
  • Axenda
  • Xeral

O Festival As nosas músicas volve a Couso no mes de agotos

O Festival As nosas Músicas volve a Couso e celebrará en este 2022 a súa vixésimo quinta edición os días 13 e 14 do vindeiro mes de agosto.
a-estrada-festival-as-nosas-musicas-slide-18-xullo-2022_r

Bisbarra, 18 de xullo do 2022 – O Festival As nosas Músicas volve a Couso e celebrará en este 2022 a súa vixésimo quinta edición os días 13 e 14 do vindeiro mes de agosto.

A parroquia de Couso acollerá de novo esta cita tras dous anos de parón pola pandemia. A presentación do XXV Festival As nosas Músicas correo a cargo do alcalde da Estrada, José López, que estivo acompañado polos representantes da Asociación A Xesteira Iván Magariños, Xermán Alexandre Muíños e Alejandro Brey.

Na súa intervención López destacou o labor das persoas que forman parte da  organización dun evento destas características “para conseguir manter ano tras ano esta festa e axudar a que A Estrada sexa un dos referentes culturais a nivel galego”.

Pola súa banda, Xermán Alexandre Muíños quixo agradecer a colaboración do Concello da Estrada “e mais a de arredor de 100 empresas, na súa meirande parte estradenses” para que esta celebración continúe consolidándose. Tamén destacou que este “será o primeiro ano que haberá dous días de festa”, cunha importante participación das agrupacións musicais da zona, e avanzou que o premio “As Nosas Músicas” desta edición será entregado a Emilio Españadero, presentador do programa da Radio Galega “Lume na Lareira” e antigo compoñente de varias agrupacións de música tradicional, “polo seu traballo a prol da cultura”.

As actividades programadas arredor do festival As Nosas Músicas darán comezo o sábado 13 de agosto, cun obradoiro de baile con perspectiva de xénero e unha ruada a partir das 19.00 horas na que participarán as seguintes agrupacións musicais: Ultreia, Aldomir, A Ponte Vella e Doner e os Kebabs.

Na xornada do domingo 14 haberá actividades durante todo o día. Ás 14.00 horas terá lugar unha sesión vermú coa actuación do grupo Campantes da Braña. Xa pola tarde, a partir das 17.00 horas, haberá xogos tradicionais para todas as idades, un obradoiro de iniciación ao baile tradicional e unha mostra sobre a personaxe de Barriga Verde. A festa rematará ás 21.30 horas coa entrega do premio “As Nosas Músicas” a Emilio Españadero e a celebración do festival, que contará coa actuación das seguintes agrupacións: Leilía, Alvariza, Airiños da Freba, Art-Monium e Ailá.

Paralelamente aos citados actos, a festa contará cunha zona gastronómica con tres postos de comida, aparcadoiro e zona de acampada. Ademais, haberá servizo de autobús de balde que sairá ás 21.00 horas dende A Estrada (A Farola) ata Couso e voltará dende Couso ás 4.30 e ás 6.30 horas da madrugada, con paradas en Pontevea e A Estrada (A Farola).

Post navigation

Previous: A Praza de Abastos de Compostela terá Bonos Corazón
Next: Desconvocada a folga de lixo en Compostela

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.