займ срочно

Oposición ao parque eólico de Campo das Rosas que afecta a Sabucedo

0

Bisbarra, 12 de xaneiro do 2023 – Seguen aparecendo proxectos de parques eólicos na bisbarra que provocan a oposición da veciñanza, en este caso do de Campo das Rosas na Estrada.

O BNG estradense demanda que o alcalde realice todas as xestións necesarias para que Campo das Rosas non se instale no concello. O candidato nacionalista Xoán Reices di que “A aprobación por parte da Xunta do declaración de impacto ambiental do parque eólico do Campo das Rosas é un duro golpe para o noso concello”.

Zonas nas que viven as bestas de Sabucedo verianse afectadas polo proxecto

Reíces engade que “ afectará gravemente, xa non só ao medio natural de Sabucedo senón a unha tradición e a unha festa declarada de interese turístico internacional, que ademais está en fase de ser declarada BIC”.

Non é o único proxecto eólico para o concello da Estrada xa que tamén ven de ser aprobado o de Castro Valente, con importantes xacementos arqueolóxicos como xa temos contado en Lindeiros. O BNG critica que o concello vaía camiño de estar rodeado de parques eólicos “ dos que o concello e a veciñanza non tirarán partido algún”.

O BNG esixe un pronunciamento claro do alcalde e do grupo de goberno. Reices explica que “até agora o alcalde nunha posición cómoda de oposición aos parques, pero sen facer moito ruído, sen facer moita oposición, en especial aos parques cuxa aprobación estaba vinculada á Xunta”.

Reices afirma que “non valen as medias tintas, o goberno municipal ten que traballar para impedir a instalación do parque eólico de Sabucedo e o do Castro Valente. Desde logo o BNG non vai ficar parado mentres se enchen os nosos montes e se acaba cunha das nosas tradicións máis singulares”.

“Por outra parte”, indica o candidato do BNG, “a asociación da Rapa das Bestas ten todo o noso apoio nas medidas que impulsen para evitar a instalación do parque eólico do Campo das Rosas e conta con toda a nosa colaboración”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies