займ срочно

A Estrada pecha a Conta Xeral do 2021 aumentando o orzamento inicial en máis de dazasete millóns de euros

0

Bisbarra, 27 de xullo do 2022 – A Estrada presenta a conta xeral do 2021 que da un resultado de máis de tres millóns de euros de remanente ao peche do exercicio.

A Conta Xeral será levada esta tarde á Comisión de Facenda. O edil responsable, Alberto Blanco, puxo en valor “a capacidade de xestión do goberno local para conseguir recursos extraorzamentarios”.

Casa do Concello da Estrada

Grazas a eses recursos extraordinarios o orzamento inicial de 13,7 millóns acadou os 30.943.053,67 euros. Blanco subliña que “o esforzo do Concello para mellorar as infraestruturas públicas permitiu acadar a cifra récord de 14,9 millóns de euros de investimento”.

A remodelación da Praza da Feira, o cambio das luminarias do rural, a peonalización de varias rúas do casco urbano ou os asfaltados dos viais das parroquias foron algunhas das obras levadas a cabo. Esta inversión repercutiu tamén no valor patrimonial do concello que aumentou en 1,7 millóns de euros.

Remanente de 3 millóns de euros

A Conta Xeral reflicte tamén un remanente ao peche do 2021 de 3,02 millóns de euros. O edil de facenda destaca a capacidade de aforro que demostran estas cifras. Grazas a isto, serán empregados durante este ano 1.143.100 euros dese remanente a través do recoñecemento de crédito extraordinario e incrementando o xa existente para mellorar infraestruturas, apoiar iniciativas locais e acometer actuacións imprevistas que respondan ás demandas da veciñanza.

A Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE) recibirá unha aportación extraordinaria de 135.000 euros, que se vén concedendo dende o ano 2020 co obxectivo de apoiar iniciativas como o Mercado de Verán ou as campañas do Nadal que fomenten o comercio local no municipio.

Tamén se contempla dedicar 98.000 euros para posibles adquisicións de terreos por parte do Concello; outros 255.500 euros irán dedicados á mellora de infraestruturas viarias tanto no rural como no casco urbano da Estrada; e 5.000 euros destinaranse a mellorar a instalación do aire acondicionado na Escola Infantil A Galiña Azul.

A maiores, tamén se incrementarán partidas xa contempladas no orzamento anual como 30.000 euros para mellorar as instalacións dos distintos centros educativos; 150.000 euros co obxectivo de financiar actividades culturais e festexos populares; 85.000 irán dedicados a facer fronte a posibles imprevistos nas obras de construción da pista de atletismo; 17.000 euros empregaranse para a organización e a promoción de eventos e campañas que visibilicen aos produtores locais; 20.600 euros dedicaranse para o pago da sinalización de rutas turísticas; e 120.000para facer fronte aos gastos de subministración nas vías urbanas e rurais.

“Sempre nos caracterizamos por ser prudentes e asegurar a sostenibilidade financeira ante as malas previsións de cara ao futuro derivadas da situación económica adversa que estamos a atravesar, por este motivo quedarán dispoñibles dous terzos do remanente que garantirán a nosa solvencia para poñer en marcha novos proxectos no futuro”, asegurou Alberto Blanco.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies