Bisbarra, 29 de agosto do 2022 – A Estrada ven de rematar a renovación do alumeado público en 25 parroquias do concello coa instalación de máis de 8.000 luminarias LED.
Ata este mes de agosto A Estrada executou case a totalidade dos traballos nas parroquias de Ouzande, A Somoza, Tabeirós, Nigoi, Arca, Souto, Codeseda, Guimerei, Lagartóns, Callobre, Cereixo, Vinseiro, Parada, Rivela, Liripio, Sabucedo, San Pedro de Ancorados, San Tomé de Ancorados, Remesar, Agar, Rubín, Lamas, Pardemarín, Olives e Curantes.
O alcalde, José López, asegurou que os traballos “avanzan a moi bo ritmo, coa metade do proxecto prácticamente executada”, o que permitirá cumprir coas previsións do goberno local e finalizar estas actuacións antes do remate deste ano.
Na actualidade, as actuacións atópanse na cuarta fase e só quedarían dúas por executar. Na actualidade estase a cambiar o alumeado das parroquias de Berres, Riobó e Arnois e, ao mesmo tempo, comezase a instalación das novas luminarias nas igrexas.
Dende que comezaron os traballos, ademais das 8.000 luminarias LED instaladas, que permitirán reducir o consumo enerxético ata un 70%, mudáronse 900 postes de madeira e colocáronse un centenar de cadros eléctricos.
O proxecto, que supón un investimento de 6,5 millóns de euros, prevé a instalación de 12.500 puntos de luz en total e permitirá restablecer luminarias que foran eliminadas no seu día en zonas do rural pouco iluminadas, unha vez remate o cambio das luminarias xa existentes.