займ срочно

Alertan do mal estado das augas do Ulla

0

Bisbarra, 6 de xuño do 2023 – O Bloque Nacionalista Galego da Estrada alerta sobre a turbidez das augas do río Ulla desde hai un tempo.

Os nacionalistas mostran a súa preocupación pola cor da auga desde hai tempo. Explican que poder ser un aviso do risco que corre a fauna da ribeira do Ulla.  Consideran que a situación pode deberse aos grandes movementos de terra, que se están a realizar nas marxes do río, vinculadas ás grandes plantación vitivinícolas.

O BNG engade que a ese motivo hai que engadir que as últimas tormentas están arrastrando lodo para os ríos e regatos, chegando ao Ulla. Instan ao ao goberno municipal en funcións a “moverse e denunciar estes feitos ante as autoridades competentes para posteriormente tomar medidas para evitar que se dean estes graves feitos”.

Engaden que este tipo de situacións afectan a todos os ríos, pero especialmente ao Ulla, o que afectará tamén aos bancos marisqueiros da desembocadura na ría de Arousa. Nos últimos anos este tipo de situacións é habitual e “non podemos consideramos normais, xa que cremos que afectan gravemente o noso ecosistema”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies