займ срочно

400 novos títulos para a biblioteca municipal da Estrada

0

Bisbarra, 22 de agosto do 2022 – A biblioteca municipal da Estrada ven de incorporar ao seu catálogo 400 novos títulos grazas a unha axuda de 5.910,03 euros da Xunta de Galicia.

A Concellaría de Cultura, que dirixe Juan Constenla, solicitou esta axuda en dous programas diferenciados. O primeiro, financiado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, outorgou ao Concello da Estrada 1960,78 euros para a adquisición de novidades editoriais en galego.

O segundo, financiado conxuntamente pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e polos fondos Next Generation da Unión Europea, dotou ao Concello de 3949,25 euros co obxectivo de mellorar as coleccións da biblioteca.

Constenla explicou que “a meirande parte das novas incorporacións foron mercadas nas librarías da Estrada co obxectivo de favorecer aos comercios da vila e apoiar ao sector”.

A maioría das adquisicións xa están dispoñibles para levar en préstamo e entre os fondos adquiridos destacan álbums ilustrados para o público infantil; libros con tipografías de gran tamaño dirixidos a persoas con dificultades na aprendizaxe da lectura; coleccións para o público xuvenil; clásicos da literatura; e títulos de novela contemporánea con obras dos últimos galardoados nos premios Nobel, Nacional de Narrativa, Nadal, Herralde ou Planeta.

“Con estas incorporacións, os/as usuarios/as da nosa biblioteca poderán gozar dunha oferta máis enriquecida e variada, con novidades para todos os públicos, o que permitirá mellorar a calidade deste servizo para a veciñanza”, asegurou o edil.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies