Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

“A diversidade no emprego” este venres en Ames

Cartel da xornada a diversidade no emprego

Ames, 18/05/2026 – Ames, a través das Concellarías de Promoción Económica e Benestar Social, presentou a primeira edición da xornada “A diversidade no emprego”. Un encontro dirixido á empresa e a veciñanza co obxectivo de poñer en valor ás persoas con discapacidade no mundo laboral e empresarial.

O evento celebrarase o vindeiro venres, 22 de maio, na Casa da Cultura do Milladoiro, e acollerá a numerosas empresas do concello e da contorna. Todo o transcurso do evento será retransmitido por streaming. As persoas interesadas en participar deberán anotarse previamente mediante o seguinte formulario de inscrición.

O Concello de Ames convértese en pioneiro na organización dunha xornada coma esta, na que entidades, persoas con discapacidade, empresas, e demais veciñanza, poderán compartir un espazo de conversa e de transmisión de información, recursos e experiencias.

Esta conversa na que participan todos os implicados na temática da xornada pode axudar ás empresas a incorporar políticas inclusivas e por outra banda dar a coñecer as oportunidades asociadas á contratación de persoas con diferentes capacidades.

O alcalde de Ames, Blas Garcia, dixo “hai que apostar pola integración laboral das persoas con diversidade. O Concello de Ames leva moito tempo apostando pola inclusión laboral deste colectivo e forma parte das nosas políticas sociais. O máis importante de traballar cos centros especiais de emprego é que favorecemos o desenvolvemento dunha política social e inclusiva”.

No lado das asociacións e entidades presentes, a aceptación da iniciativa foi máxima. O presidente de CEGASAL, Mino Martínez, destacou o importante papel de Ames neste eido, o cal considera “un espello no que se deberían mirar o resto de concellos, xa que vai moito máis alá da cota de contratación. Ames cre realmente no que achegan as posibilidades de contratación reservada”, mentres que a directora rexional de Inserta, Beatriz Gallego, puxo en valor que “as entidades do movemento asociativo traballen cóbado con cóbado entre elas e coa administración pública para poder potenciar o emprego inclusivo das persoas con discapacidade”.

Pola súa banda, a presidenta da FAXPG mencionou o “absoluto pracer” que lle supón á entidade participar nesta xornada, xa que considera que “é un paso moi grande e un exemplo que debe tomarse no resto de concellos co obxectivo de dar visibilidade á discapacidade e que de seguro dará moitos froitos”. Esta xornada, segundo mencionou o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, tamén servirá para “ir rachando cos estereotipos que envolven ás persoas con discapacidade, xa que para as persoas con esta condición o emprego vai máis alá da inclusión laboral, establecéndose como un complemento para a inclusión social”.

Para finalizar este acto de presentación, tomou a palabra o presidente de Down Compostela, Juan Jesús Martínez, quen quixo incidir na importancia da organización para lograr as cousas: “Todos xuntos sempre chegaremos máis lonxe, aínda que moitas veces teñamos que ir máis lento”, sinalou. Para Martínez, “o emprego é o que nos permite ser persoas autónomas e independentes dentro das nosas posibilidades”.

Programación da primeira edición de “A diversidade no emprego”

Este evento celebrarase o vindeiro venres, 22 de maio, na Casa da Cultura do Milladoiro, e dará comezo arredor das 9.45 horas coa recepción institucional de todas as persoas asistentes. Posteriormente, ás 10.00 horas, procederase á benvida e presentación do que será o transcurso da mañá.

Ao finalizar o saúdo, arrancará a unha conversa coas entidades colaboradoras no evento. Estas organizacións son: Down Compostela, COGAMI, Fundación ONCE-Inserta, CEGASAL, FAXPG e o Concello de Ames, todas elas achegarán información, recursos e experiencias enriquecedoras que poidan axudar ás empresas a incorporar políticas inclusivas, así como dar a coñecer as oportunidades á contratación de persoas con diferentes capacidades.

Durante o transcurso da xornada emitirase un vídeo no que participaron traballadores/as con discapacidade, a maior parte deles/as son veciños e veciñas de Ames. Na elaboración deste vídeo colaboraron as seguintes empresas e entidades sociais: Milongas Bertamiráns, Limpiezas Salgado, A- Emotional light, Tecidos Tolemia, Clun, Burguer King Cancelas, Cogami, Coregal, Ilunion Testilcare, Dixardin e Combina Social.

Arredor das 11.15 horas, será a quenda de escoitar aos verdadeiros protagonistas, as persoas: traballadores, traballadoras  e empresas compartirán as súas experiencias e casos reais do mundo laboral e empresarial desde a óptica da discapacidade. A xornada rematará ás 11.50 horas cos agradecementos e posteriormente as persoas participantes están convidadas ao café no hall da Casa da Cultura.

Todo o transcurso do evento será retransmitido por streaming. As persoas interesadas en participar deberán anotarse previamente mediante o seguinte formulario de inscrición.

Post navigation

Previous: Máis queixas polos peches de centros de saúde
Next: O ERE en Nestlé Pontecesures preocupa na bisbarra

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.