Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A Deputación implícase na recuperación da memoria democrática

O organismo provincial destina 150.000 euros a proxectos municipais de recuperación da memoria democrática

Presentación das axudas de recuperación municipal de memoria democrática

Coruña. 04/06/2026 – A Área de Dereitos Civís da Deputación da Coruña presentou en Arzúa un programa destinado a financiar a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos, a realización de actividades de divulgación e a sinalización de espazos vinculados á recuperación da memoria democrática.

A Deputación achegará 57.892,33 euros a nove concellos da provincia. Os municipios beneficiarios son A Pobra do Caramiñal, Arzúa, Camariñas, Mañón, Monfero, Pontedeume, San Sadurniño, Santa Comba e Valdoviño. As contías oscilan entre os 3.000 e os 10.000 euros, segundo os proxectos presentados e os criterios establecidos na convocatoria.

Entre as iniciativas apoiadas cómpre sinalar actuacións de investigación e divulgación sobre a represión franquista, proxectos comunitarios de recuperación da memoria democrática, actividades de homenaxe ás vítimas, eliminación de elementos de exaltación da ditadura e propostas de sinalización e posta en valor de espazos de memoria.

No acto participaron a deputada de Dereitos Civís, Sol Agra Tuñas, e o alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril. Sol Agra salientou que “estas axudas permiten aos concellos desenvolver políticas públicas de memoria democrática e avanzar no cumprimento das obrigas establecidas pola lexislación vixente”.

A deputada destacou que «recuperar a memoria silenciada durante décadas é un acto de xustiza que aínda, 50 anos despois da morte do ditador Franco, seguimos agardando» e incidiu na importancia de apoiar iniciativas que contribúan a facer visíbeis as historias das persoas que sufriron a represión.

A responsábel provincial sinalou tamén que «a recuperación da memoria democrática non consiste só en retirar símbolos da ditadura, senón tamén en construír coñecemento colectivo e fortalecer os valores democráticos» e defendeu o papel das administracións públicas na preservación e difusión desta memoria.

Pola súa parte, o alcalde de Arzúa, expresou que “grazas a esta liña, o Concello recibirá 9.300 euros para un proxecto de investigación, difusión e recoñecemento ás mulleres que loitaron e apoiaron a loita contra o fascismo durante a Guerra Civil e a ditadura franquista”.

Post navigation

Previous: Teo celebra a terceira Gala de Fillos Adoptivos
Next: Compostela abre un servizo de asesoramento en aluguer

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.