Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

A Deputación moderniza 12 agrupacións de Protección Civil

depu proteccion civil SLIDE 3 xullo 2025

A Deputación moderniza 12 agrupacións de Protección CivilA deputada Cristina Capelán entregoulles os equipos aos voluntarios de protección civil de Carral, Zas, Xallas, A Laracha, Porto do Son, Curtis, Corcubión, Camariñas, Ames, Miño, Coristanco e Boiro

A Deputación da Coruña vén de realizar a entrega de novos sistemas de comunicacións a doce organizacións de Protección Civil da provincia ao abeiro do programa de subvencións dirixido a agrupacións, asociacións e asociacións de agrupacións de voluntarios e voluntarias.

Estas agrupacións de protección civil pertencen a concellos de menos de 50.000 habitantes. As entidades beneficiarias son as de Carral, Zas, Xallas (Santa Comba), A Laracha, Porto do Son, Curtis, Corcubión, Camariñas, Ames, Miño, Coristanco e Boiro.

A deputada Cristina Capelán fixo entrega dos equipos nun acto que se celebrou no pazo provincial e no que destacou o compromiso da Deputación co labor imprescindible que realizan os voluntarios e voluntarias á hora de atender emerxencias e de que a práctica totalidade de eventos que contan cunha alta participación de persoas se desenvolvan en condicións de seguridade.

O material que lles acaba de proporcionar a institución provincial consta de catro walkie talkies e un repetidor portátil para cada unha das 12 agrupacións. Con eses equipamentos, garantiranse unhas comunicacións A Deputación investiu na súa adquisición 61.666,44 euros.

Post navigation

Previous: Teo restaura o cruceiro de Freixeiro
Next: Padrón inviste máis de 1,5 millóns de euros en distintos obras

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.